Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta maio mes das letras

LETRAS GALEGAS: HOMENAXE A BEGOÑA CAAMAÑO.

Imaxe
Co gallo do Día das Letras Galegas, o centro encheuse de palabras, creación e lingua compartida arredor da figura de Begoña Caamaño , homenaxeada de este ano. Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega puxéronse en marcha diferentes propostas nas que o alumnado participou activamente, achegándose á autora dunha maneira creativa e significativa. Cada aula recibiu moedas simbólicas acompañadas de frases e palabras vinculadas ao universo de Begoña Caamaño, que o alumnado decorou e completou para crear, entre todas e todos, unha gran rede de “tesouros” construída con palabras, pensamento e lingua galega. O acto completouse cunha pequena exposición realizada por alumnado de sexto, achegando á comunidade educativa a vida e obra da autora. Desde a biblioteca escolar sumámonos tamén a esta celebración cunha selección de novidades en galego e cun espazo expositivo dedicado á homenaxeada , dando visibilidade ás súas obras e reforzando o valor da lectura en lingua galega como ferrame...

LETRAS GALEGAS. SAÍDA AO PAZO DE MOS

Imaxe
 Aproveitando o valor pedagóxico e social das saídas, este venres 19 de maio, con motivo da celebración das Letras Galegas, todo o cole achegámonos á nosa contorna máis próxima para gozar do espectáculo visual "Con area cousas debuxo", no que o artista mosense Marcos Escudero contounos contos, historias do pobo galego e das nosas letras a través da técnica sand painting ou pintura sobre area, acompañado de música e narrativa. Este espectáculo visual con area e luz fusiona varias técnicas (sombras chinas, cómic, animación...) para contarnos historias a través das imáxenes que crea con area sobre o cristal dunha caixa de luz. As historias crean vida propia e o artista introduce variacións para personalizalos e adaptalos ao público. Os debuxos aparecen e desaparecen, a través de movementos e cambios máxicos que os transforman. Toda unha marabilla!. Despois do espectáculo, tivemos unha xornada de convivencia no entorno do Pazo de Mos e voltamos ao cole xunto cos nosos padriños e...

APADRIÑAMENTOS LECTORES. AS NOSAS LETRAS

Imaxe
 Nesta semana na que festexamos as Letras Galegas , levamos a cabo os apadriñamentos lectores que tanto nos gustan ano tras ano. As aulas do alumnado máis maior apadriñaron ás dos máis peques, coa finalidade non só de manter un tempo de lectura valorada e compartida, senón de seguir ampliando o desenvolvemento das nosas habilidades sociais e emocionais, fortalecendo o sentido de pertenza. Entre os beneficios desta proposta podemos destacar: fomento do hábito da lectura, mellora das habilidades de lectura, ampliación do repertorio literario, creación de comunidade... Primeiro tiveron un tempo para coñecerse, facerse preguntas, acordar un sitio do cole para este momento... e hoxe desenvolvéronse as lecturas na hora de ler, promovendo así unha cultura lectora no contexto escolar.

MAIO MES DAS LETRAS 2022

Imaxe
 Este ano, celebramos o Día da Letras Galegas rendindo homexe á figura de Florencio Delgado , a través de diversas propostas de actividades organizadas polo EDLG: - CONSULTAMOS MATERIAL :   durante todo o mes de maio, está a disposición dxs alumnxs diferentes referencias bibliográficas (e tamén recomendación de webgrafía como por exemplo http://seminariogalan.org/ ) que xiran en torno á vida e obra do autor. - ILUSTRAMOS A BIOGRAFÍA DO HOMENAXEADO: entre todas as aulas, facemos unha ilustración da súa biografía simplificada, a través da técnica do collage ou a fotomontaxe, para facer unha exposición no corredor. - XOGAMOS COS SEUS POEMAS: realizamos xogos a través dos seus poemas, completando os ocos que faltan de cada un. Ademais de completar o final de cada verso, o alumnado debe localizar o título do poema e colocalo sobre o poema correspondente, traballando de forma lúdica as súas creacións poéticas. - SOMOS POETAS DA AXENDA 2030: o homenaxeado inspirouse para moitos d...

UNHA CITA EN GALEGO

Imaxe
Gústanche as citas? pois durante este mes de Maio , e con motivo da conmemoración das Letras Galegas, invitámosvos a preparar unha cita moi especial. En qué consiste? elixe un TEXTO ESCRITO EN GALEGO, tanto en formato papel como electrónico (conto, libro, xornal, poesía...) co que queiras pasar un bo rato. Prepara con moito coidado este momento, elixindo un recuncho, caracterizándote se queres (vestimenta, maquillaxe, obxectos complementarios...) e dicándolle o tempo necesario. E comparte con Ratiño e Ratiña  e con todxs nós, este momento. Agardamos as vosas  fotos  no mail da biblioteca: bibliotecamestremartinezalonso@gmail.com indicando no asunto o voso nome, curso e título da obra coa que tiveches a túa cita. Faremos unha gran exposición neste blogue! Xa estás invitadx a ter unha cita cun texto que seguro que será moi importante, con moitas cousas por contarte e moitas cousas por aprender. Aceptas esta invitación? Estás preparadx para este encontro?...

Maio, mes das letras

Imaxe
Durante o mes de maio celebramos as Letras Galegas, que nesta ocasión están adicadas á Valentín Paz Andrade. Desde a biblioteca propoñemos a todos os ratiños e ratiñas lectoras da escola que resolvades o xogo informático que preparamos para vós. Para poder responder ás cuestións que plantexamos no xogo debedes ler primeiro con moita atención os carteis informativos coa biografía do homenaxeado que atoparedes no corredor principal. Durante a semana cultural levaremos a cabo outra sesión de Cine en Galego, nesta ocasión gozaremos cos títulos "Asterix na Bretaña" e "O soldadiño de chumbo" Como agasallo especial desixámosvos este vídeo realizado polo CEIP San Xoán de Filgueira onde poderedes ler un poema de Paz Andrade.
M A I O , M E S D A S L E T R A S . . . M Ú S I C A , F E S T A . . . E N G A L E G O
M A I O , M E S D A S L E T R A S " E S T A L I N G U A N O N Q U E R E V I V I R N A F A V E L A " Esta lingua non quere vivir na favela porque é lingua, lume, lanterna e faro que nos mantén vivos no ceo, dende o tempo dos avós. Esta lingua non quere ser suburbio porque ten unha historia inmensa de séculos luminosos na parte de atrás incluso no sotaque inevitable dos corazóns resentidos que odian á nosa tribo. Esta lingua non quere habitar nunha cidade estraña porque está feita a man cos alicerces mansos da xente boa na que aniñou humilde cando era o tempo dos lobos as mesmas feras que agora volven famentas de vinganza dende o máis escuro das súas escuras covas. Esta lingua quere ser música acubillo, calma mol, circunstancia feliz. Poderedes metela na favela condeala ao suburbio obrigala a residir nunha cidade estraña. Tanto ten. Ela foi. Ela é. Ela será (Francisco Castro)
Imaxe
O P O E T A D O C A U R E L, P R O T A G O N I S T A D A W E B Q U E S T Aquí temos recén saidiña do forno a webquest sobre o homenaxeado das Letras Galegas 2010: Uxío Novoneyra. Premede na foto e seguide os pasos para resolver as cuestións que se vos plantexan. Hai preguntas dirixidas ao 1º, 2º e 3º ciclo de primaria. Que a vosa sexa unha investigación apaixonante, ratiños e ratiñas detectives!
Imaxe
A L F I N U X Í O N O V O N E Y R A Desde o Ceip Condesa de Fenosa de Valdeorras chéganos unha fantástica actividade de alfabetización informacional sobre o homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano 2010. Prepárate para ser un verdadeiro ratiño ou ratiña de biblioteca. Presta atención á información porque terás que resolver as actividades que che propoñen para demostrar que eres un gran ratiño investigador. Para iniciar as pescudas preme na foto do poeta Uxío Novoneyra .