Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2011

MERRY CHRISTMAS...

Imaxe
Deixámosvos este ano unha fermosa historia de nadal que vos vai facer aplicar os vosos coñecementos de inglés Aproveitamos para felicitar a toda a comunidade escolar FELIZ NADAL!!

10 DE DECEMBRO: DEREITOS HUMANOS

Imaxe
A historia de Said un adolescente que vive no norte de África e soña con cruzar o estreito para vivir unha vida mellor...

DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS

Imaxe
Imos aprender con POCOYO e os seus amigos os NOSOS DEREITOS: DEREITO Á EDUCACIÓN, A XOGAR, Á SAÚDE, A UNHA FAMILIA, A UNHA IDENTIDADE, Á IGUALDADE, Á PROTECCIÓN .

25 DE NOVEMBRO "DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

  Un ano mais celebramos o Día Contra a Violencia de xénero, gostarínos que o ano que ven non tiveramos que publicar nengunha entrada sobre este tema pero moito nos tememos que vista a realidade ainda quede un longo camiño por recorrer para erradicar este pesadelo das nosas vidas. O traballo cos mais novos, nenos e nenas, é fundamental así que vos animamos a reflexionar sobre o tema nas aulas.

INICIO DE CURSO...

Imaxe
Con certo retraso iniciamos a actividade no blog da biblioteca neste novo curso 2011/2012. Levamos dous meses coa biblioteca en plena actividade, os nenos da escola asinaron os contratos nos que se comprometen a respectar as normas de biblioteca e xa puxemos en marcha as mochilas viaxeiras deste curso. Nesta ocasión as mochilas estarán nas casa 15 días, esta era unha reclamación por parte das familias xa que 10 días eran un pouco escasos para gozar co seu contido. Como novidade este curso as mochilas do primeiro ciclo levan todos os materiais en lingua galega e as do terceiro ciclo están dedicadas á lectura para aprender, así que todos os materiais son divulgativos. Deixámosvos como regalo de inicio de curso este video sobre as bibliotecas mais fermosas do mundo.

A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS

Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte: A insoportable levedade das bibliotecas escolares galegas Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir

MAIO, MES DAS LETRAS

Imaxe

DON QUIJOTE INTERACTIVO

Imaxe
Neste "Abril, mes dos libros" propoñemos unha forma diferente de ler as fantásticas aventuras de Don Quijote.

TALLERES PARA REIVINDICAR A IGUALDADE

Este xoves 17 de marzo realizaremos 6 talleres coa IGUALDADE como protagonista. O alumnado de primaria repartirase en seis grupos que rotarán polos talleres. Cada taller ten unha duración de 15 minutos e a unha sinal acústica todos os grupos realizarán o cambio. Taller 1: proxección dun vídeo cun pequeno debate posterior (aula de informática) Taller 2: actividades na pizarra dixital sobre a igualdade (corredor de infantil) Taller 3: cantamos pola igualdade (aula de música) Taller 4: elaboramos un mural colectivo. (aula de plástica) Taller 5: contacontos (biblioteca e se fai bo tempo farémolo fora) Taller 6: xogar en igualdade (se fa ibo tempo nas pistas e se non no ximnasio)

MARZO IGUALDADE

Imaxe
Durante esta semana teremos os actos máis destacados en relación coa celebración do Dïa Internacional da Muller (8 de marzo). Teremos cine para falar de igualdade, os nenos e nenas de 1º ciclo iniciarán as sesións mañán martes. As películas seleccionadas para a ocasión son: "Monstros contra alieníxenas" e "Billy Elliot". Ademais o xoves realizaremos unha xornada especial onde todo o alumnado de primaria participará en seis talleres coa I G U A L D A D E como protagonista.

NOVOS MATERIAIS DE INGLÉS

Imaxe
Xa había tempo que os ratiños e ratiñas lectoras estaban demandando novos materiais en lingua inglesa. Aquí tendes as novidades para este ano. Temos historias de fición, libros sobre coñecemento do medio, libros para ler e cantar e novos dicionarios ilustrados. Os libros serán presentados polas profesoras especialistas en lingua inglesa do colexio así que durante as próximas semanas atoparedes a estantería de novidades nas aulas de inglés. Cada ano nas estatísticas de fin de curso aparece cunha porcentaxe significativa os préstamos en inglés, agardamos que esta nova remesa de libros satisfaga as ganas de ler noutras linguas dos noso usuarios/as.

CLUB LECTOR

Imaxe
Este ano temos novidades con respecto ao club lector. Funcionarán 4 grupos, 2 en 2º ciclo e 2 en 3º ciclo. Os grupos de 3º ciclo recibiron a semana pasada unha invitación para a primeira reunión do club lector están citados o martes 1 de marzo (o primeiro grupo) e o mércores 2 de marzo (o segundo grupo) ás 11:45 h. na biblioteca. A súa primeira lectura deste curso será "Lía e as zapatillas de deporte" da escritora María Reimóndez e ilustrado por Iván Sende . Estamos moi agradecidos ao CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas que nos prestou amablemente os libros de Ke-Tumba Ket-Tamba para usar no club. En breve comezarán a funcionar os do us grupos restantes do 2º ciclo. Desexámoslles unhas felices lecturas compartidas!

BIBLIOTECA E PAZ

Imaxe
CINE PARA A PAZ: Ao longo destes últimos días do mes de "Xaneiro, mes de Paz" gozaremos coa proxección da película UP, estade atentos porque Ratiño e Ratiña deixarán as entradas para cada sesión nas aulas. Despois realizaremos as actividades para a pizarra dixital que o Equipo de Biblioteca elaborou para que todos reflexionemos sobre valores como a amizade, a non violencia... RECEITAS PARA A PAZ: O equipo de biblioteca propuxo a elaboración de receitas para a paz, non esquezades o instrumental , os ingredientes necesarios e indicar os pasos da elaboración da vosa receita. Con todas elaboraremos un libro que quedará na estantería de "Libros Feitos por Nós"

ALEGRÍA, NESTE XANEIRO MES DE PAZ...

TENDES A CONTINUACIÓN A MESMA CANCIÓN COA LETRA ESCRITA EN ITALIANO, INGLÉS E ESPAÑOL...A LER E CANTAR