Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2016

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

Como este curso estamos moi deportistas as recomendacións lectoras para este nadal teñen como centro de interese o deporte, agardamos que Apalpador, Papá Noel ou Reis Magos teñan en conta que todos os nenos e nenas desta escola son grandes lectores e inclúan un libro entre os agasallos! Feliz Nada! Rec. Color Nadal Lect. Olímpicas c.16-17 by bibliotecamestremartinezalonso413 on Scribd

TRANSEXUALIDADE

Os nenos e nenas de sexto de primaria asistiron a unha clase moi especial preparada pola nosa alumna en prácticas Lara Pereira Fernández. Lara intentou sensibilizar ao noso alumnado sobre a problemática coa que se atopan os nenos e nenas transexuais. Preparou o seguinte documento que desde a biblioteca queremos compartir con tod@s. Tamén nos animamos a visitar o noso andel azul clariño na biblioteca escolar onde atoparedes un montón de recursos para traballar as diferenzas.  Tod@s diferentes, Tod@s iguais! A Transexualidade by bibliotecamestremartinezalonso413 on Scribd Tamén queremos animarvos a ver o documental El Sexo Sentido para coñecer máis de preto esta realidade, premede no enlace para poder ver o documental. http://www.rtve.es/noticias/documentos-tv/reportajes/sexo-sentido-transexualidad-menores/

ATENCIÓN: COMEZAN OS DESAFÍOS OLÍMPICOS DESTE CURSO!

Imaxe
Premede no enlace ou na foto para saber cal é o primeiro desafío olímpico deste curso. Está destinado para os nenos e nenas de educación infantil e primeiro e segundo de primaria. Ánimo a tod@s! PREME AQUÍ!

TRADICIÓN ORAL E XOGOS OLÍMPICOS NA BIBLIOTECA...

Imaxe
Onte tivemos a vistita á nosa biblioteca de Begoña e Cecilia, dúas xogadoras de balonmán. Ademais tamén nos visitou Abel, o papá dun dos nenos da escola que é entrendor deste mesmo deporte. A visita encadrouse dentro do noso proxecto para este curso sobre os Xogos Olímpicos e en concreto dentro das actividades de tradición oral que se levan a cabo no mes de novembro. Begoña Fernández é nada máis e nada menos que medallista olímpica, bronce nos xogos olímpicos de Londres 2012, e Cecilia segue a súa estela, non nos estrañará nada vela nun futuro defendendo a camiseta da selección española xa que no vídeo que nos puxeron non paraba de marcar goles!  A charla estivo do máis interesante e resultou moi emocionante ver a unha das mellores xogadoras de todos os tempos no noso colexio respondendo ás inquietudes do noso alumnado. Grazas a Abel, Cecilia e Begoña por participar no noso proxecto!

NOVO RECUNCHO INFORMÁTICO!!

Imaxe
OLA A TODXS, QUERIDIÑXS!!! SABEDES DENDE ONDE ESTAMOS A ESCRIBIR ESTA ENTRADA DO NOSO FANTÁSTICO BLOG? POIS DENDE O NOVO RECUNCHO INFORMÁTICO DA BIBLIO !!! QUE AÍNDA NON O USACHES???!!   POIS A QUE ESPERAS???!!! A BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN É MOI DIVERTIDA SE EMPREGAS OS MATERIAIS INFORMÁTICOS. ADEMAIS, NOS NOSOS ORDENADORES PODERÁS ACCEDER A : PÁXINA WEB E DICIONARIO EN LIÑA DA RAG (REAL ACADEMIA GALEGA). PÁXINA WEB E DICIONARIO EN LIÑA DA RAE (REAL ACADEMIA ESPAÑOLA). OS DICIONARIOS DA ENCARTA . A ENCARTA, EDICIÓN 2009  A MIÑA PRIMEIRA ENCARTA, PARA OS MÁIS CATIVOS. ACCESO DIRECTO Á WIKIPEDIA EN GALEGO ACCESO DIRECTO Á WIKIPEDIA EN CASTELÁN ACCESO DIRECTO Á WIKIPEDIA IN ENGLISH ESO SÍ, COMPRE COIDAR MOITO O MATERIAL , ASÍ QUE NÓS (XA SABEDES, RATIÑO E RATIÑA ), QUIXEMOS MOSTRARVOS UN CAMIÑO PARA PODER TER UNHAS BOAS PRÁCTICAS NO NOSO NOVO RECUNCHO!  BOA VIAXE!!!               ASÍ

E POR FIN CHEGOU O SAMAÍN!

Imaxe
Coincidindo coa festa do samaín hoxe na escola Ratiño e Ratiña de biblioteca comunicaron a boa nova! Por fin, logo dun longo proceso de votacións e finalizados todos os recontos e a lectura das pistas que Ratiño e Ratiña de biblioteca foron deixando no colexio podemos anunciar que o Proxecto Documental Integrado deste curso terá como centro de interese os... XOGOS OLÍMPICOS!!!!! Ratiño e Ratiña vestíronse moi elegantes para a presentación do proxecto, aquí os tendes, guap@s, guap@s e do máis deportistas! Agora xa só queda que tod@s na escola iniciemos as nosas investigacións para aprender todo, todo, todo acerca dos Xogos Olímpicos. Hoxe pasámolo de medo cantando "No Samaín" de Paco Nogueiras. Aquí queda o vídeo da canción en lingua de signos para que tod@s gocemos neste samaín.

OUTUBRO MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ola ratiños e ratiñas lector@s da escola, cun pouco de retraso anunciamos na rede que a nosa biblioteca xa está funcionando a tope. As nosas mascotas encargáronse de entregar os carnés de usuari@s ao alumnado novo no centro e abrimos as portas ao préstamo e devolución o día 3 de outubro. Todas as aulas de primaria e infantil teñen o seu horario semanal e ademais as familias poden gozar cos materiais de biblioteca polas tardes de catro a cinco. Saudiños inaugurativos neste Outubro, mes das bibliotecas 2016 Cartel Apertura b.e. c.16-17 by yolandafontan on Scribd
Ola, presentamos o Conto Viaxeiro feito por tadas as alumnas e alumnos do Colexio Mestre Martínez Alonso deste curso, 2015/2016. Aquí o podedes ler en formato dixital. Recordade que na Biblioteca o temos en formato papel e quedou realmente marabilloso. Ratiña e Ratiño. Montaxe Texto E Ilustracións C V C 15 16 Leer más publicaciones en Calaméo

EL VIAJE DE MARÍA

Imaxe
O PRÓXIMO DÍA 2 DE ABRIL É  O  DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO. DENDE O NOSO COLE IMOS COLABORAR COA COLOCACIÓN DE GLOBOS AZUIS(COR SIMBÓLICA DESTA CAUSA)  POR TODO O CENTRO E CUN MURAL. A MAIORES VOS DEIXAMOS UNHA  CURTAMETRAXE DE ANIMACIÓN REALIZADA POLO DEBUXANTE MIGUEL GALLARDO, PAI DUNHA NENA CON AUTISMO.

SEGUIMOS ARTELLANDO

Imaxe
NO CEIP MESTRE MARTINEZ ALONSO SEGUIMOS ARTELLANDO  E AQUÍ TEDES UNHA MOSTRA

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

Imaxe
Ola a todxs, amigxs! Coma sabedes, hoxe é un día moi especial, que queremos promover dende a nosa biblio, o Día Internacional da muller . E para festexalo nos sumamos á campaña de G o o g l e  #OneDayIWill Se podes soñalo, podes selo. Accede AQUÍ a este vídeo conmemorativo feito co testemuño de 337 mulleres de 13 países do mundo, e ademáis, co doodle de hoxe, tamén nos lembran o traballo de mulleres que loitan pola igualdade e coa vontade de crear un mundo mellor. PODES VELO  AQUÍ     Hoxe máis que nunca, gracias mulleres, gracias nenas, gracias nais, gracias profesoras, gracias a todas. É o voso día! 

MESTRES COS NENOS DE SIRIA

Imaxe
Ola a todxs , nenxs e menbros da comunidade do Mestre Martínez! Queremos mostrarvos hoxe un traballo solidario no que participaron varios alumnos do centro. Trátase da iniciativa: "Maestros con los niños de Siria" . Este proxecto colaborativo solidario naceu en forma de blog e pretende dar visibilidade ó conflicto sirio. Dende o Mestre Martínez Alonso, participamos cunha entrada titulada: Mensaxes de esperanza . A actividade consistiu na elaboración de diferentes mensaxes positivas que mostraran esperanza os cativos sirios, sen caír na superficialidade ou na frivolidade. Xs nenxs participantes mostraron unha grande concienciación dada a súa idade e por este motivo estamos moi orgullosos. Así que non vos liamos máis e aquí deixamos a entrada coa que participamos no proxecto. Non esquenzades compartila nas vosas redes sociais para que este proxeto chegue moi lonxe. http://maestrosconlosninosdesiria.blogspot.com.es/2016/02/mensajes-de-esperanza.htm

ARTELLAMOS

Imaxe
OLA FAMILIAS!         Aquí vos deixamos unha mostra do material que nenos e nenas elaboraron nas súas casas con motivo das mochilas viaxeiras artísticas.      MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

MARÍA FUMAÇA

Imaxe
Ola a tod@s, Ratiño e Ratiña de biblioteca traen unha nova fantástica! O IBBY -a institución internacional máis importante no que a literatura infantil e xuvenil respecta- vén de incluír o libro-disco María Fumaça entre os dez títulos que seleccionou en España para a súa escolma "The World Through Picture Books". Agora, a locomotora musical máis famosa de todos os tempos formará parte dunha mostra itinerante que percorrerá todo o mundo comezando por Francia, Xapón e os países escandinavos. Parabéns á familia María Fumaça e en especial ao maquinista Ruí! De seguro sabedes que dispoñemos de varios exemplares á vosa disposición na biblioteca así que non tendes escusa para gozar, cantar e bailar con: MARÍA FUMAÇA Tamén podedes optar por XIQUI XOQUE FIU FIU, o segundo libro disco do grupo. No seguinte vídeo tendes unha mostra do seu contido.   Tanto no primeiro como no segundo libro atoparedes a compañeir@s da escola.  Recoñecedes a alguén?