Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2023

A NOSA ROSALÍA

Imaxe
Hoxe,  23 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía de Castro . Este ano queremos resaltar o seu amor polas paisaxes galegas, dise dela que foi unha das grandes poetas da paisaxe,  e así coa súa axuda animar ao noso alumnado a descubrir e coñecer mellor as herbas, plantas ou árbores que nos rodean, porque a mellor maneira de coidar o noso planeta  é se primeiro descubrimos a súa beleza e aprendemos a apreciala  e desfrutala para despois involucrarnos en preservala. Para isto preparamos na biblioteca unha serie de actividades inspiradas no libro “Nasín cando as prantas nasen, O herbario de Rosalía de Castro” creado e publicado pola Fundación Rosalía de Castro, onde se recollen da súa obra todas as referencias a plantas ou flores concretas e termos xenéricos coma “Herbas do campo florido” ou “Herbiñas do campo santo” , ilustradas todas elas con fermosas fotografías.  Por suposto entre as flores máis mencionadas sobresae a rosa , que triplica en número a segunda planta máis presente, o

NOVIDADES FEBREIRO

Imaxe

EscribiMOS nas paredes

Imaxe
O pasado luns 30 de xaneiro conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz cun gran acto conxunto, para o cal estivemos traballando previamente realizando diversas actividades tendo en conta o obxectivo 16 dos ODS “PAZ, XUSTIZA E INSTITUCIÓNS SÓLIDAS”. O tema central das actividades emerxe da canción francesa “On écrit sur les murs”,  que ten como tradución “EscribiMOS nas paredes”, e que tomamos como base para as diversas propostas. Durante o mes de xaneiro, nas sesións de música, todos os grupos prepararon unha coreografía para a citada canción, a cal representamos todxs xuntxs no ximnasio do cole no propio día, non sen antes visualizar a historia da celebración desta data mediante unha exposición do alumnado de sexto de primaria, apoiada por pictogramas. Ademais, ao longo do mesmo día e dos días posteriores, todas as aulas escribimos nunha parede pintada de cor negro no patio do cole, palabras, frases, oracións, desexos, debuxos... relacionados coa PAZ, empregando así a escrit