Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2019

ESCAPE ROOM

Imaxe
As bibliotecas escolares, a nosa entre elas, celebraron o seu día o pasado 24 de outubro, programando actos específicos nos que lembrar as oportunidades que nos ofrecen. No cole este ano inauguramos a nova biblioteca, tendo en conta que a biblioteca escolar é, probablemente, a primeira que lles aprende. Queremos que sexa un lugar para a formación, a relación, a igualdade, a diversidade e a inclusión. Para que o alumnado e profesorado coñeceran un pouco más este espazo, fixemos unha formación de usuarios a través dun Escape room , isto é, unha búsqueda do tesouro (porque tiñamos un gran cofre cun tesouro) a través da gamificación e o xogo. Motivados por Ratiño e Ratiña, tiveron que pasar unha serie de probas, levando a cabo diferentes enigmas e retos relacionados co coñecemento dos espazos, a distribución dos fondos ou a resolución de xogos de mesa. O obxectivo final era atopar a chave que abría o gran cofre, no que atoparíamos o contrato que nos da acceso durante este curso á

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Imaxe
Este venres desenvolvéronse os apadriñamentos lectores con motivo da conmemoración "Novembro, tradición oral". Para levala a cabo, os alumnos de 3º a 6º de primaria (que son os padriños e madriñas), lle contan oralmente un conto ou historia a un afilladx. Para este fin, as madriñas/padriños non poden empregar soporte escrito, pero sí poden empregar outros recursos (títeres, bonecos, peluches...). Nos días previos, os padriños/madriñas coñeceron aos seus afilladxs nunha reunión previa, para coñecerse mutuamente, preguntarlles qué historias lles gustan e manter uns intres de convivencia.

BUZÓN DE SUXERENCIAS

Imaxe
LEMBRADE!! temos buzón de suxerencias. A través del, podedes deixarnos suxerencias, ideas ou opinións. O atoparedes na entrada á biblioteca do centro. Tamén podedes achegar calquera das vosas aportacións a través do email da biblioteca na seguinte dirección: bibliotecamestremartinezalonso@gmail.com. PORQUE A VOSA OPINIÓN É MOI IMPORTANTE PARA NÓS!!

NOVIDADES

Imaxe