Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2022

MOCHILAS VIAXEIRAS PARA FAMILIAS

Imaxe
Deseñamos esta nova proposta para as familias lectoras: o préstamo das mochilas viaxeiras con fondos da nosa sección de adultos!  Desde este mes ata finais de maio as familias poderán solicitar o préstamo dalgunha das seguintes mochilas a través do correo electrónico da biblio, indicando o nº da mochila preferente e o nome do seu fillo/a e curso para poder entregarlle a mochila directamente. Os recursos son pensados para os adultos, con temáticas de interese sobre crianza e pedagoxía. Tamén recordamos que dispoñemos dun catálogo de máis de 40 fondos na sección 37, con contidos relacionados coa pedagoxía, psicoloxía e crianza, axeitados para profes e familias, que podedes coller de préstamo co nº de carné da biblio do alumnado.  Agardamos con entusiasmo as vosas solicitudes!

NOVIDADES NOVEMBRO II

Imaxe
Máis novidades coas que gozar na biblioteca. Podedes atopalas no estante das mesmas durante un tempiño, antes de ir aos estantes correspondentes para poder ser emprestados.

EXPERIMENTAMOS COA CIENCIA

Imaxe
  "A ciencia está chea de momentos épicos coma este. Coñecelos e transmitilos é un deber no que todos, non soamente os que somos científicos, debemos participar. Amigos: temos unha historia da ciencia tan rica como descoñecida. Cando leades unha historia coma esta, facédea vosa e transmitídea, porque cada vez que a contedes estaredes sementando a curiosidade pola ciencia e contribuiredes a facer medrar no noso pobo unha cultura científica  moi necesaria, que nos permitirá avanzar como sociedade e nos fará máis libres."  José Tubío Este mes celebramos O MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BILIOTECAS, facéndoo a través dunha pequena selección e exposición de fondos para fomentar o interese por experimentar coa ciencia. Ratiña e Ratiño animan a todo o alumnado a convertirse en auténticxs científicxs e enviar ao correo da biblio mostras daqueles experimentos que fagan neste tempo (mediante imaxes, videos, audios...), tanto no cole como nas súas casas, para compartir con toda a comunidad

NOVIDADES NOVEMBRO

Imaxe
 Xa están dispoñibles no estante das novidades estos novos recursos. Agardamos que vos gusten!

O SAMAÍN, A NOSA TRADICIÓN

Imaxe
Polo Samaín, en colaboración cos equipos do centro, partimos de diferentes actividades para vivenciar e recuperar do esquecemento as raíces da nosa cultura tradicional galega. O Samaín é a festividade de orixe celta máis importante do período pagano en Europa ata a conversión ao cristianismo. A noite do 31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración da fin da tempada da colleita na cultura celta  e era considerada como o "Ano Novo Celta", que comezaba coa estación escura.  É tanto unha festa de transición (o paso dun ano a outro) coma de apertura ao outro mundo.  Significa "fin do verán". No cole celebrámolo da seguinte maneira : - Presentación sobre a orixe do Samaín a cargo do alumnado de sexto de EP, quen levou a cabo exposicións orais interactivas a todas as aulas do cole. - Selección de lecturas para reflexionar arredor dos medos así como coñecer o noso samaín. - Exposición de cabazas no corredor principal do centro, decoradas en familia, preferentement

CHEGA O OUTONO, CHEGA O MAGOSTO

Imaxe
 Neste mes de novembro festexamos a chegada do outono e o magosto organizando unha esfollada no cole en colaboración coas familias, que nos ensinaron a esfollar e debullar millo. Tamén tivemos moitos xogos populares, cancións e bailes acompañados de gaiteirxs e pandereteiras, rematando coa degustación de castañas polo magosto. Con esta xornada de convivencia, o noso principal interese é pór en valor a nosa cultura galega, tradicións e festas típicas ademáis de mostrarlle ao noso alumnado que outro xeito de vida é posible, o do autoabastecemento, moito máis respectuoso co medio ambiente.  As familias participaron contándolle ao alumnado o uso que lle dan  ás diferentes partes da planta do millo, tanto agora como cando eran nenxs, como celebraban esta festa, que cancións cantaban...  De este xeito, celebramos tamén o mes da TRADICIÓN ORAL , pois todxs temos unha gran labor na preservación deste patrimonio inmaterial. Aquí deixamos unha mostra desta gran xornada!

VOLVE A BIBLIOPATIO E O BUZÓN DE SUXESTIÓNS

Imaxe