Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta bibliotecas

INICIO DE CURSO...

Imaxe
Con certo retraso iniciamos a actividade no blog da biblioteca neste novo curso 2011/2012. Levamos dous meses coa biblioteca en plena actividade, os nenos da escola asinaron os contratos nos que se comprometen a respectar as normas de biblioteca e xa puxemos en marcha as mochilas viaxeiras deste curso. Nesta ocasión as mochilas estarán nas casa 15 días, esta era unha reclamación por parte das familias xa que 10 días eran un pouco escasos para gozar co seu contido. Como novidade este curso as mochilas do primeiro ciclo levan todos os materiais en lingua galega e as do terceiro ciclo están dedicadas á lectura para aprender, así que todos os materiais son divulgativos. Deixámosvos como regalo de inicio de curso este video sobre as bibliotecas mais fermosas do mundo.
Imaxe
FORMACIÓN DE USUARIOS/AS Aproveitando que no mes de abril os protagonistas son os libros os ratiños e ratiñas de biblioteca do colexio realizaremos diferentes visitas ás bibliotecas municipais do noso arredor. Visitar as bibliotecas públicas é unha opción excelente para ocupar o noso tempo de lecer e desde a biblioteca escolar propoñer un pouco mellor as bibliotecas do noso concello e dos municipios próximos: Mos, Redondela e Porriño. Visitas físicas: por ciclos visitaremos a Biblioteca Municipal de Mos o martes 28 de abril 1º e 2º ciclo e o mércores 29 de abril o 3º ciclo. Os nenos e nenas de infantil realizarán a visita o día 22 de abril. Visitas virtuais: visitaremos a través de internet as seguintes bibliotecas: 1. Biblioteca Municipal de Redondela 2. Biblioteca Municipal de Porriño Nestas visitas deberemos conseguir a seguinte información: Horario de apertura ao público. Localizar o enderezo de cada biblioteca: nome da rúa e número. Averiguar as condicións do préstamo para os ...

BIBLIOTECA E SALÓN DO LIBRO

Este pasado xoves 19 de febreiro os nenos e nenas de 2º ciclo visitamos a Biblioteca Municipal de Pontevedra. Na biblioteca visitamos a exposición "Pintar o verde" que está composta por traballos realizados por ilustradores e ilustradoras portugueses. Tamén visitamos o Salón do Libro que este ano está adicado ao amor e o país invitado é Portugal . Encantáronnos os traballos que alí se expoñen, gustáronnos tanto que non poidemos evitar aplaudir. Tamén no Salón do Libro escoitamos a historia e "A árbore das follas DIN A 4". Foi unha excursión fantástica!