Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2008

AS LINGUAS DA ESCOLA

REGALO DE NADAL

QUEREMOS OFRECERVOS UN REGALO DE NADAL APROVEITANDO QUE REMATA O ANO ADICADO AO 150 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DO COMPOSITOR GIACOMO PUCCINI. AQUÍ TENDES UN FRAGMENTO DA ÓPERA MADAME BUTTERFLY, SABEMOS QUE OS RATIÑOS E RATIÑAS DE BIBLIOTECA DA NOSA ESCOLA TEÑEN MOITA SENSIBLIDADE E PODERÁN APRECIAR A BELEZA DESTE FRAGMENTO OPERÍSTICO. FELIZ NADAL!

BOLETÍN DE LECTURAS PARA O NADAL

Publish at Scribd or explore others:

FELIZ NADAL

Imaxe
RATIÑO E RATIÑA DE BIBLIOTECA POSARON ASÍ DE GUAPOS PARA FELICITAR O NADAL A TODOS OS NENOS E NENAS DA ESCOLA, E COMO NON, ÁS SÚAS FAMILIAS. O SEU DESEXO É QUE O ANO QUE COMEZA ESTÉ CHEO DE BOAS LECTURAS..

60 ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS

Vídeo de Amnistía Internacíonal para conmemorar o 60 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

10 DE DECEMBRO DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

Imaxe
Hoxe celebramos o 60 aniversario da Declaración do Dereitos Humanos. A pesar de ter pasado tanto tempo comprobamos día a día que estos incúmplense con impunidade en moitos lugares. Mostrámosvos a continuación o cartel elaborado por Beatriz do IES Río Cabe de Monforte para conmemoralo, como podedes comprobar é toda unha artista con moita sensibilidade. Ademais é xenerosa por compartilo con todas as bibliotecas escolares. Para aprender máis sobre a Declaración dos Deretitos Humanos podedes visitar os seguintes enlaces: Humanrights Amnistía Internacíonal

LECTURA SEN PALABRAS

Propoñemos desde a Biblioteca unha actividade de lectura de imaxes e interpretación dunha mensaxe sen palabras.. A partir do vídeo da campaña contra o castigo físico infantil gustaríanos que os ratiños e ratiñas lectoras do noso colexio realicen as súas propias conclusións . Observade ben por que as MANS teñen un protagonismo especial nesta montaxe. Prestade atención á música e analizade as cores. Que mensaxe nos lanza este anuncio? Quen o protagoniza? A quen vai dirixido? Que importancia ten a música? E as cores?

25 DE NOVEMBRO: AS BIBLIOTECAS ESCOLARES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

OUTRO TRABALLO COLABORATIVO XENEROSAMENTE CEDIDO DESDE O BLOG "TRAFEGANDO RONSEIS" DE ANXO E GRACIA PARA LOITAR CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.

25 DE NOVEMBRO: AS BIBLIOTECAS ESCOLARES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

PUBLICAMOS HOXE UN NOVO TRABALLO COLABORATIVO DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. EN CONCRETO O VÍDEO FOI REALIZADO NO IES DE FENE . SERVE PARA REIVINDICAR O FIN DA VIOLENCIA SOBRE AS MULLERES.

NENAS E NENOS:APRENDAMOS OS NOSOS DEREITOS

NESTES DÍAS ESTAMOS A TRABALLAR OS DEREITOS DA INFANCIA. AQUÍ TEMOS UNS VÍDEOS QUE REPRESENTAN ALGÚNS DELES.

20 DE NOVEMBRO DEREITOS DA INFANCIA

Hoxe celebramos o Día Mundial da Infancia e desde a biblioteca empeñámonos en que os nenos e nenas coñezan os seus dereitos, por que a infancia tamén ten dereitos!. Para comprobar se os coñecedes ben, premede no seguinte enlace e comprobade en forma de xogo os vosos coñecementos sobre os mesmos: XOGOS DEREITOS DA INFANCIA Lembrade que na biblioteca habilitamos unha seción cos materiais referidos aos dereitos da infancia que están á vosa disposición. Observade o seguinte vídeo onde queda reflexado o dereito a participar dos nenos e nenas. Porque nenas e nenos tendes moito que dicir.

A FADA DAS PALABRAS REGALADAS

Imaxe
O pasado venres vivimos un momento moi especial da man da Fada das Palabras Regaladas. Premede na súa foto se queredes volver a ver o Libro Das Palabras Regaladas do Outono.

AS PALABRAS REGALADAS...

Imaxe
"AS PALABRAS REGALADAS" así chamaron no Equipo de Normalización a un libro que iniciamos no outono pasado e que hoxe tivo o seu froito. Un libro que pasará a ser fondo da nosa biblioteca e que está composto por todas as palabras que foron regaladas no curso pasado relacionadas co outono. A Fada das Palabras Regaladas fixo de presentadora e ademais de ver a preciosa montaxe de vídeo que preparou a profe Ángeles tamén limos en voz alta as palabras, unha por unha. E como non, co que nos gusta cantar no noso cole...pois non podía faltar a música: Corre corre, cabaciña foi a peza escollida (limos o libro o curso pasado e encantounos a historia) , gustounos tanto a canción que a cantamos dúas veces mentres seguíamos a letra no vídeo-karaoke.

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE MOS

Chegou información á escola sobre unha actividade moi interesante de contacontos que se levará a cabo na Biblioteca Municipal de Mos os sábados 8, 15, 22 e 29 de novembro para celebrar o "Día da Biblioteca". As sesións de Contacontos na Biblioteca contarán coa actuación de "María dos Contos" e o horario previsto é ás 12 da mañá e están dirixidas a nenos e nenas de 4 a 11 anos. Non deixedes pasar esta oportunidade de gozar escoitando historias. O programa é o seguinte: SÁBADO 8: "Crocodilo namorado" e "A meiga Zelda" SÁBADO 15:"Rá Margarita" e "Gusaniño Pipo" SÁBADO 22:"Historia de Oliver" e "Soldadiño de chumbo" SÁBADO 29:"Parruliño feúcho" e "A toupiña"

MOCHILA VIAXEIRA PARA O 3º CICLO

Imaxe
Neste mes de outubro, adicado ás bibliotecas, non paran de chegar sorpresas. No aula de 6º de primaria ratiño e ratiña deixaron unha mochila chea de libros,cds,dvds e cd-rom para compartir coas familias. Nas mochilas tamén vai un folleto explicativo co contido das mesmas e unha libreta para que as familias fagan as súas anotacións. O prazo para ter a mochila na casa é de dez días, pasado ese tempo hai que devolvela e se entrega ao seguinte na lista. Neste caso ratiño mandou empezar polo final e nós fixemos como mandou. Na foto podedes ver, aínda que non o pareza, a Rogelio de sexto de primaria sinalando orgulloso a mochila. El é o primeiro en levala por ser o último da lista.

TODOS OS NENOS E NENAS DA ESCOLA ASINARON O CONTRATO....

Imaxe
O ratiño e a ratiña deixaron nas aulas os "CONTRATO DE USO DOS FONDOS DA BIBLIOTECA ESCOLAR"Antes de asinar todos prestamos moita atención á lectura das condicións do mesmo. Non houbo nengún neno nen nena na escola que non se comprometera. Aquí tendes as fotos de todos os ratiños e ratiñas de primaria do Ceip Mestre Martínez Alonso.

CONTRATOS DE BIBLIOTECA

Imaxe
Hoxe apareceron por sorpresa nas aulas un contrato e unha carta. A carta, como non, fora enviada pola ratiña e o ratiño de biblioteca e nela explicaban que como bos nenos e nenas lectores que somos debíamos asinar un contrato. Pero non un contrato calqueira senón un CONTRATO DE USO DOS FONDOS DA BIBLIOTECA. Todos os que asinan comprométense a cumplir as normas da biblioteca,devolver os préstamos no prazo establecido e a coidar os materiais. Por suposto asinamos todos e todas na escola, xa que somos uns ratiños e ratiñas lectoras moi comprometidos. Aquí tendes aos nenos e nenas de sexto de primaria mostrando orgullosos o contrato e as sinaturas.

CARNÉS DE BIBLIOTECA.

Imaxe
Hoxe tivemos unha sorpresa no colexio. Esta noite pasaron polo colexio o ratiño e a ratiña da nosa biblioteca. Ninguén puido velos pero deixaron un regalo para cada un dos nenos e nenas da escola: Os novos carnés de biblioteca para o curso 2008/09! No carné aparece esta foto de ratiña e ratiño lendo os seus libros favoritos. Hoxe moitos nenos e nenas da escola fixeron coma eles e realizaron moitos préstamos na biblioteca na hora do recreo. Todos quedamos contentísimos cos recén estrenados carnés de biblioteca e con seguridade que neste curso usarémolos moitísimo.

RATIÑO E RATIÑA FORON DE VACACIÓNS E LERON UN MONTÓN

Levabamos moito tempo sen saber nada do noso ratiño e da nosa ratiña de biblioteca, pasou o veran sen ter novas acerca deles. Tiñamos moitas dúbidas...Como pasan os ratiños e ratiñas de biblioteca as súas vacacións de verán? Pois aquí tendes a resposta, ratiño e ratiña de biblioteca enviáronnos un vídeo e... non o ides crer, pero os nosos ratiños foron á praia! Xogaron coa area, fixeron un castelo, leron os contos que levaban na súa mochila...Estes ratiños si que saben pasalo ben!

COMEZA UN NOVO CURSO

Pois aquí estamos outra vez, inaugurando o curso escolar 2008/2009 e desexándovos que este sexa de verdade un ano moi especial. O Equipo de Bibioteca ten preparadas moitas actividades e contamos con todos os ratiños e ratiñas da escola para levalas a cabo. Estas actividades están recollidas dentro do proxecto da biblioteca titulado "Ler as emocións, emocionarse ao ler". Podedes ler o texto completo do proxecto visitando a páxina web da biblioteca no seguinte enderezo: http://bibliotecamestremartinezalonso.googlepages.com/home Hai uns días recibimos a nova de que seguíamos incluidos dentro do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) promovido pola Xunta de Galicia e que neste curso que comeza contaremos cunha axuda económica de 6.200 € para adquirir novos fondos, material informático e mobiliario. Toda a comunidade educativa do CEIP Mestre Martínez Alonso pode felicitarse, entre todos e todas estamos dinamizando a biblioteca escolar e contribuimos a crear nenos e nena

ENTREGA DE DIPLOMAS DA BIBLIOTECA

Imaxe
AQUÍ TENDES A FOTO DOS USUARIOS MÁIS ACTIVOS DA BIBLIOTECA NESTE ANO. RECOLLERON OS SEUS DIPLOMAS DURANTE A CELEBRACIÓN DO FESTIVAL DE FIN DE CURSO DO COLEXIO. ¡¡¡FELICIDADES!!!

FINAL DE CURSO NA BIBLIOTECA

Imaxe
COINCIDINDO CO FINAL DE CURSO DESDE A BIBLIOTECA ENVIAMOS ÁS FAMILIAS AS GUÍAS DE LECTURA PARA O VERÁN. FORON CEDIDAS POLA BIBLIOTECA "MOISÉS GÓMEZ" DO CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ E TRAEN RECOMENDACIÓNS PARA INFANTIL E PRIMARIA E TAMÉN PARA PAIS E NAIS. TAMÉN LEVAREDES PARA CASA UN EXEMPLAR DO CONTO VIAXEIRO "LAURA, A SEREA DA ILLA VERMELLA". FINALMENTE O VENRES ENTREGAREMOS OS DIPLOMAS AOS 10 USUARIOS MÁIS ACTIVOS DA BIBLIOTECA NESTE CURSO. QUE FELICES OS NENOS E NENAS DE 5º NA SÚA DESPEDIDA POR ESTE ANO DA BIBLIOTECA

CONTOS DE KAMISHIBAI

Imaxe
OLA RATIÑOS E RATIÑAS DE BIBLIOTECA, HOXE TEREMOS DÚAS SESIÓNS DE CONTOS DE KAMISHIBAI ELABORADOS POLOS NENOS E NENAS DE 2º B. AQUÍ TENDES AS FOTOS DA PREPARACIÓN DAS HISTORIAS QUE HOXE ESCOITAREDES DA BOCA DOS AUTORES. VÉMONOS NA BIBLIOTECA.

ACABAMOS O MES DAS LETRAS CON CARAPUCHIÑA VERMELLA

Imaxe
PARA CLAUSURAR ESTE "MAIO, MES DAS LETRAS" DESDE A BIBLIOTECA INVITÁMOSVOS A VER O CONTO DE CARAPUCHIÑA VERMELLA,UNHA NOVA EDICIÓN DOS CONTOS CANTADOS. UNHA HISTORIA DE ACCIÓN PARA RATIÑOS COMA VÓS. A CITA É AS 11:00H. AQUÍ TENDES OS PERSONAXES PRINCIPAIS...ADEMAIS OS NENOS E NENAS DE 3º E 6º ENCARGARANSE DA PARTE MUSICAL.

MAIO,MES DAS LETRAS...2008EN6CAUSAS

Imaxe
BOTADE UNHA OLLADA AO BLOG DE 2008en6causas. TEÑEN COLGADA UNHA SELECIÓN DE FOTOS DE CANASTROS DO CONCELLO DE MOS MOI INTERESANTE. NESTE MES DE MAIO O SEU LEMA ERA "CRENZAS E COSTUMES" TAMÉN ESTÁN COLGADOS OS TRABALLOS FEITOS POLOS NENOS E NENAS DA ESCOLA. Aquí tendes o cartel elixido para o mes de maio que foi realizado por Massiste e Gabriel de 2ºA

MAIO,MES DAS LETRAS

NESTE MES DE FESTA PARA A LINGUA GALEGA APROVEITEMOS PARA ESCOITAR FERMOSAS CANCIÓNS.AQUÍ TENDES UNHA INTERPRETADA POR GUADI GALEGO E VOZES DA RÁDIO AMBOS COLABORADORES ESTE ANO NA XIV EDICIÓN DE PONTE...NAS ONDAS. ATENTOS Á LETRA POR QUE NOS EXPLICA PARA QUE SERVEN AS PONTES,PARA QUE SERVEN AS LINGUAS...BEIJAR,FALAR,ACHEGARNOS...QUE COUSA TAN FERMOSA!!! "PONTE DO MEU LADO" É UNHA CANCIÓN PARA REIVINDICAR DE NOVO O PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO PORTUGUÉS.

SEMANA CULTURAL

Imaxe
Este venres temos un día moi interesante,despois da visita do ilustrador Abraham Carreiro,da escritora Fina Casalderrey,do cine en galego e da webquest de Xosé María Álvarez Blázquez,o Equipo de Normalización Lingüística entrega os premios do Certame Literario deste curso. Aquí están os nenos e nenas de 2º resolvendo a Webquest sobre o homenaxeado das Letras Galegas 2008 Pero aínda queda moito mes de maio:o baúl dos contos,Carapuchiña Vermella e os xogos informáticos farán que o pasemos fenomenal na nosa BIBLIOTECA.

CINE EN GALEGO NA BIBLIOTECA

Imaxe
Hoxe teremos dúas sesións dunha nova edición de CINE EN GALEGO na nosa biblioteca. As sesións serán: Ás 10:00h. PÉREZ,O RATIÑO DOS TEUS SOÑOS para E.I. e 1º Ciclo. Ás 12:15h. ASTERIX E CLEOPATRA para 2º e 3º Ciclo. Agardamos que vos gusten!!!

BUSCAMOS INFORMACIÓN PARA APRENDER UN MONTÓN.

Neste "MAIO,MES DAS LETRAS" o Equipo de Normalización Lingüística e o Equipo de Biblioteca propoñen unha actividade de búsqueda de información sobre o escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Desde este blog ou desde o de Normalización podes iniciar esta aventura emocionante.Preme no enlace e responde ás preguntas plantexadas para o teu ciclo. WEBQUEST XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

MAIO,MES DAS LETRAS

Imaxe
Rematou abril, un mes de intensa actividade na biblioteca,e comeza Maio.Como en anos anteriores a biblioteca participará activamente nas actividades programadas para a Semana Cultural do colexio: Charla con escritores e ilustradores. II Edición de Cine en Galego. Carapuchiña Vermella. Xogos en soporte informático. Webquest de Xosé María Álvarez Blázquez. Máis sorpresas no Baúl dos Contos. Como podedes ver agárdanos un mes cheo de actividade. Se premes na foto do homenaxeado das Letras Galegas deste ano 2008 poderás visitar o Blog de Normalización Lingüística da escola.Alí atoparás moita información sobre este autor e ademais poderás ler algunha das súas poesías. FELIZ MES DAS LETRAS!

EN ABRIL CLASIFICAMOS MENTRES O TREN VAI CAMIÑANDO

Falabamos onte que neste final do mes de abril presentabamos a nosa clasificación particular para os libros da nosa biblioteca. Escollimos un tren e cada un dos dez vagóns polos que tira a máquina representa un tema e un color. Aquí tendes un vídeo que nos explica como clasificar correctamente. Presta moita atención...este TREN-CDU inicia a súa marcha...

ABRIL VAI REMATANDO,E NÓS SEGUIMOS LENDO E CANTANDO

Para rematar este ABRIL,MES DOS LIBROS tan só falta que poñamos en funcionamento a nosa CDU particular.A nosa clasificación dos libros da biblioteca avanza en forma de tren,por iso escollimos esta canción do grupo Ledicia. Aquí tendes música para ler e cantar neste mes dos libros.

EN ABRIL,LEMOS ETIQUETAS...NA BIBLIOTECA

Imaxe
Os nenos e nenas do terceiro ciclo están á realizar 4 sesións para aprender moitísimo acerca dos alimentos.Se premedes no anagrama correspondente ao mes de abril poderedes ver as fotos da primeira das sesións.Hoxe xoves 24 tiveron a súa segunda sesión e ao longo do mes de maio a terceira e cuarta. Entre outras cousas están aprendendo que ler as etiquetas dos alimentos é moi importante.

23 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Como xa comentamos o día 23 de abril é unha data especial para os libros,un 23 de abril de 1616 morría Miguel de Cervantes ,o creador da figura de Don Quijote.Aquí tendes un pequeno vídeo que mostra o comezo da súa obra máis importante: "El ingenioso hidalgo Don Quijote de La Mancha"

23 DE ABRIL,DÍA MUNDIAL DO LIBRO

O 23 de abril celebramos o DÍA MUNDIAL DO LIBRO .Escolleuse esta data porque un 23 de abril de 1616 morreron dous escritores de importancia mundial:Cervantes e Shakespeare. No noso colexio celebrarémolo por todo o alto coa presentación do Conto Viaxeiro 2008 "Laura,a serea de Illa Vermella". Música,imaxes e narracións innundarán a nosa biblioteca. Este é o horario da presentación: 09:50 Educación Infantil e Primeiro. 10:45 Segundo e Terceiro. Acturarán como músicos e narradores os nenos e nenas de 4º,5º e 6º. Para abrir boca aquí queda unha animación inspirada na obra de Cervantes "Don Quijote de La Mancha"

22 DE ABRIL:DÍA DA TERRA

Imaxe
HOXE,22 DE ABRIL CELÉBRASE O DÍA DA TERRA E QUEREMOS MOSTRARVOS O CARTEL ELABORADO POR MARÍA REBOREDO E QUE AMABLEMENTE NOS CEDE LUZ PARAMIO. COMO VEDES NA IMAXEN A TERRA APARECE COMO UN SER VIVO QUE HAI QUE COIDAR,SIGAMOS O EXEMPLO DESTAS DÚAS RAPAZAS. SE QUEREDES SABER MÁIS ACERCA DESTA CELEBRACIÓN PREMEDE NO CARTEL FELIZ DÍA DA TERRA!

EN ABRIL,O BAÚL DOS CONTOS TOCA ABRIR...

Imaxe
ESTA É UNHA NOVA SORPRESA DO RATIÑO E DA RATIÑA DE BIBLIOTECA,BUSCADE NO BAÚL DOS CONTOS POR QUE ESTA SEMANA HAI NOVIDADES

EN ABRIL...CONTOS SEN PALABRAS

Presentámosvos un conto sen palabras "contado" polo Grupo Artístico de Sordos MANOS VIAJERAS,e desde a biblioteca propoñémosvos un xogo: ¿Cal é o argumento? ¿Serías capaz de contar unha historia sen empregar nen unha soa palabra? Pode ser unha actividade moi divertida,a linguaxe dos xestos é outro xeito de comunicarse.

ABRIL,ABRIL,ABRIL....PARA LER SEN FIN!

ESTE VÍDEO TERÁS QUE VER SE UN LIBRO EN INGLÉS QUERES LER, AQUÍ EXPLICAN O ARGUMENTO PARA ACERTAR EN TODO MOMENTO.

DICCIONARIOS DE INGLÉS...ABRIL,UN BO MES PARA APRENDER

Obrserva este vídeo e aprende como usar e onde localizar os diccionarios de inglés.

MÁIS INGLÉS PARA ESTE ABRIL,MES DOS LIBROS

Este vídeo axudaranche a usar os diccionarios con cd-rom que tes a túa disposición na estantería de materiais de inglés.

ABRIL,MES DOS LIBROS..."WHERE PEOPLE LIVE"

HOXE TIVEMOS UNHA FANTÁSTICA PRESENTACIÓN DOS MATERIAIS DE INGLÉS PARA TODOS OS CURSOS DE PRIMARIA. A VERDADE É QUE FORON UNS MOMENTOS MOI INTENSOS NA BIBLIOTECA,SOBRE TODO PARA OS NENOS E NENAS DE 6º QUE SE ESFORZARON E PRESTARON AS SÚAS VOCES PARA O TEXTO DUN DOS LIBROS QUE HOXE ESTRENÁBAMOS. AQUÍ TENDES O LIBRO VÍDEO.SE QUEREDES TELO NAS MANS,TEREDES QUE LEVALO EN PRÉSTAMO DA BIBLIOTECA.

EN INGLÉS...ABRIL,MES DOS LIBROS

Imaxe
SEGUIMOS COA NOSA SERIE DE ENTRADAS PARA PROMOCIONAR OS NOSOS MATERIAIS DE INGLÉS...AQUÍ TENDES UN VÍDEO QUE NOS MOSTRA TODAS AS NOVIDADES. NON PERDADES DETALLE! E se estades interesados en aprender ou mellorar o voso nivel de inglés premede neste autobús tipicamente londinense.

ABRIL,MES DOS LIBROS...EN INGLÉS

Seguimos co programa de actividades da biblioteca para este mes de abril,cos libros,máis que nunca como protagonistas. O venres 11 de abril presentaremos os novos materiais de inglés da biblioteca.Como anticipo podedes repasar o abecedario con este simpático vídeo. O horario da presentación é o seguinte: 1º SESIÓN PARA OS NENOS E NENAS DE 4º,5º e 6º ÁS 09:15h. 2º SESIÓN PARA OS RAPACES E RAPAZAS DE 3º e 1º ÁS 10:00h. 3º SESIÓN PARA OS CHAVALITOS E CHAVALITAS DE 2º ÁS 11:00h.

ABRIL,MES DOS LIBROS ¿POR QUE LES?

ABRIL,MES DOS LIBROS.

PUBLICAMOS HOXE OUTRA CANCIÓN PARA LER E CANTAR QUE NOS FALA DO MUNDO MARAVILLOSO QUE PODEMOS ATOPAR "TAN SÓ CON LERES UN LIBRO". É UNHA CANCIÓN DO GRUPO MAMÁ CABRA.

ACTIVIDADES PARA ABRIL,MES DOS LIBROS.

COMO EN ANOS ANTERIORES DURANTE O MES DE ABRIL REALIZARANSE VARIAS ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O DÍA 2 “DIA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL” E O DÍA 23 “DÍA DO LIBRO E A LECTURA” QUE TRANSFORMAN A ESTE MES DE ABRIL NO ¡MES DOS LIBROS! O PROGRAMA DE ACTIVIDADES É O SEGUINTE: INTERESANTÍSIMAS ENTRADAS NOS BLOGS DO RATO DE BIBLIOTECA,DO RATO LECTOR E DO RATO ESCRITOR.VÍDEOS CON CANCIÓNS,CONTOS,INFORMACIÓN... NO BAÚL DOS CONTOS DE SEGURO APARECERAN NOVAS HISTORIAS PARA LER E CONTAR. HABERÁ CINE NA BIBLIOTECA: "LOS LUNNIS Y DON QUIJOTE" ESTRENAREMOS OS NOVOS MATERIAIS DE INGLÉS O VENRES 11 DE ABRIL. ESTRENAREMOS TAMÉN A NOSA PARTICULAR TREN-CDU PARA CLASIFICAR OS LIBROS DA BIBLIOTECA. PODEREMOS VER E INTERPRETAR UN CONTO SEN PALABRAS. PRESENTAREMOS O CONTO VIAXEIRO 2008 O DÍA 23 DE ABRIL. CONCURSO DE FOTOGRAFÍA. ¡FELIZ MES DE ABRIL!

2 DE ABRIL DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Imaxe
Celebramos hoxe o DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL coincidindo coa día do nacemento de Hans Cristian Andersen.Andersen foi un escritor danés famoso polos seus contos para nenos.Entre as historias máis coñecidas deste escritor están O SOLDADIÑO DE CHUMBO e O PATIÑO FEO. Se queres saber máis sobre a vida de Hans Cristian Andersen preme na súa foto. PON A PROBA A TÚA ATENCIÓN E LOCALIZA NESTE VÍDEO DOUS CONTOS DE ANDERSEN.

ABRIL,MES DOS LIBROS.

Comeza un mes donde os libros terán un especial protagonismo.Neste mes de abril celebramos o día 2 o DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL e o día 23 O DÍA DO LIBRO. Dúas datas que fan deste mes que hoxe comeza un mes moi especial para os nenos e nenas desta escola que tanto gostan de ler. Para comezar o mes o Ratiño e a Ratiña de bibliteca deixannos unha canción que fala do máxicos que poden ser os libros. A LER E A CANTAR.

POESÍA E MÁIS POESÍA...

Imaxe
PARA REMATAR ESTA SEMANA TAN POÉTICA A BIBLIOTECA ENCHERASE HOXE DE POESÍA.O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA PREPAROU UNS VÍDEOS CHULOS,CHULOS.ADEMAIS IMOS LER OS LIBROS QUE A RATIÑA DE BIBLIOTECA DEIXOU ONTE NO BAÚL DOS CONTOS. O HORARIO PARA ESTA MAÑÁN DE POESÍA E MÚSICA NA BIBLIOTECA É O SEGUINTE: 09:30 NENOS E NENAS DE 3º E 4º 10:20 OS CURSOS DE 5º E 6º 11:00 RAPACIÑOS E RAPACIÑAS DE 2º A E 2º B 12:15 NENOS E NENAS DE INFANTIL 13:15 CHAVALITOS E CHAVALITAS DE 1º A E 1º B "ROSEIRA DO TEU MENCER" E "O QUE BEN CHE QUER" SERÁN ALGÚNS DOS LIBROS QUE SAIRÁN DO BAÚL.

UNHA CARTA....DUNHA RATIÑA DE BIBLIOTECA

Imaxe
INCRIBLE PERO CERTO,HOXE,XOVES,DESPOIS DO RECREO APARECEU UNHA CARTA XIGANTE NA CLASE DE 1º.O REMITE NON DEIXABA DÚBIDA ALGUNHA...ERA UNHA RATIÑA DE BIBLIOTECA A QUE ESCRIBÍA AOS NENOS E NENAS DO NOSO COLEXIO.AO IGUAL QUE A NOSA MASCOTA O RATO DE BIBLIOTECA VIVE EN BIBLIOTEQUIX,MÁIS EN CONCRETO NA RÚA DO CONTO.NA CARTA EXPLICABA COMO BUSCANDO EN INTERNET ATOPARA O BLOG DO RATO DE BIBLIOTECA. CAEULLE TAN SIMPÁTICO QUE O INVITOU A PASAR UN DÍA NA SÚA CASA DE BIBLIOTEQUIX.LERON,XOGARON POLAS ESTANTERÍAS...E...¡FIXERON FOTOS!ADEMAIS A RATIÑA DEIXOUNOS UN REGALO NO BAÚL DOS LIBROS:¡UN FEIXE DE LIBROS DE POESÍA!.A RATIÑA SABÍA QUE ESTA SEMAMA ESTABAMOS A CELEBRAR O DÍA DA POESÍA.AQUÍ TENDES ALGÚNHA DAS FOTOS QUE MANDOU NA SÚA CARTA XIGANTE. PARECE QUE O RATIÑO E A RATIÑA FIXÉRONSE MOI BOS AMIGOS. ¿CANDO SERÁ O DÍA EN QUE VEÑAN A VISITARNOS E NOS PODEMOS VELOS EN PERSONA?

MÁIS POESÍA...

Imaxe
Estamos a celebrar durante esta semana o DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA que nos pillou de vacacións.Con algo de retraso pero con moito entusiasmo nos blogs da escola aparecen colgadas varias poesías,aglunhas delas con música. Visitade sen falta o blog de Normalización e disfrutaredes cunha poesía do homenaxeado nas Letras Galegas deste ano: Xosé María Álvarez Blázquez. PREME NA SÚA FOTO PARA LER UNHA DAS SÚAS POESÍAS.

POESÍA PARA ESTA PRIMAVERA QUE ACABA DE CHEGAR

Imaxe
Esta é a historia dunha pequena semente,se queredes cantala atoparedes a música no libro "As nosas cancións 1 e 2 (Cancións para unha educación musical natural)" "NACE UNHA PLANTA" Caín un día no chan en forma de carambuña o vento axiña enterroume lémbrome tristeira e núa. Sentín os tronos chamar neve,saraiba e chuvia botei raíces na terra finqueinas ben cadansúa. Erguinme coa calor agromei como unha púa agora xa teño follas miran ó sol e a lúa. Ánxela Loureiro.

GUÍA DE LECTURA MOI INTERESANTE

Imaxe
No Blog 2008en6causas colgaron un vídeo interesantísimo sobre libros máis que recomendables. Non deixedes de visitalo. Este é o seu anagrama para marzo.Preme nel para visitar o blog. LEMBRADE QUE AS VACACIÓNS SON UN MOMENTO FANTÁSTICO PARA LER. SEN HORARIOS,SEN PRESAS....¡¡¡SEN COLEXIO!!!! ÁNIMO,É.....¡A HORA DE LER!

NOVOS BLOGS NO COLE

Imaxe
Se vos fixades na columna da esquerda,no apartado dos BLOGS DO CEIP MESTRE MARTÍNEZ ALONSO, darédevos conta que aparecen dúas bitácoras novas: BLOG DE COÑECEMENTO DO MEDIO : Aquí atoparedes información sobre os aspectos do área de coñecemento do medio. Plantas,animais e outros temas propios do coñecemento deixarán de ter segredos para os ratiños e ratiñas de esta escola,con moita fame de coñecementos novos.Tamén podedes ler traballos realizados por ratiños e ratiñas moi traballadores do noso colexio. BLOG DE MÚSICA : Neste blog atoparedes un montón de vídeos para pasalo ben escoitando,cantando e bailando. ¡Moita sorte para estes dous novos blogs que comezan a súa andaina e que todos e todas gocemos moito con eles!