Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2022

MAIO MES DAS LETRAS 2022

Imaxe
 Este ano, celebramos o Día da Letras Galegas rendindo homexe á figura de Florencio Delgado , a través de diversas propostas de actividades organizadas polo EDLG: - CONSULTAMOS MATERIAL :   durante todo o mes de maio, está a disposición dxs alumnxs diferentes referencias bibliográficas (e tamén recomendación de webgrafía como por exemplo http://seminariogalan.org/ ) que xiran en torno á vida e obra do autor. - ILUSTRAMOS A BIOGRAFÍA DO HOMENAXEADO: entre todas as aulas, facemos unha ilustración da súa biografía simplificada, a través da técnica do collage ou a fotomontaxe, para facer unha exposición no corredor. - XOGAMOS COS SEUS POEMAS: realizamos xogos a través dos seus poemas, completando os ocos que faltan de cada un. Ademais de completar o final de cada verso, o alumnado debe localizar o título do poema e colocalo sobre o poema correspondente, traballando de forma lúdica as súas creacións poéticas. - SOMOS POETAS DA AXENDA 2030: o homenaxeado inspirouse para moitos dos seus p

REXEITA TODA FORMA DE VIOLENCIA

Imaxe
Ratiño e Ratiña teñen preparado un novo stand cunha selección de recursos para incidir no compromiso como defensorxs da paz e o entendemento entre persoas de distinta procedencia, facilitando así un espazo na biblio como lugar facilitador do diálogo, o debate, a reflexión, a lectura crítica e o acceso á información, para promover a participación activa cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria.  

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Imaxe
 Rematamos os talleres que realizamos en todo o cole nesta conmemoración tan importante, da man de Alba Alonso Feijoo ( https://www.realkiddys.com/ ), a nosa super teacher!. Coñecemos o seu último conto "E ti... quen vés sendo?/Y tú... ¿Quién eres? , falamos sobre diversidade de xénero, violencia e bullying e ata rematamos facendo tambores, bailando e cantando ben alto ese "me da igual, me encanta"!!. Uns talleres nos que celebramos a diversidade e continuamos sembrando semilliñas para loitar contra o acoso escolar. Quedounos ben clariño quen somos...  Eu son...EU.