APADRIÑAMENTOS LECTORES. AS NOSAS LETRAS

 Nesta semana na que festexamos as Letras Galegas, levamos a cabo os apadriñamentos lectores que tanto nos gustan ano tras ano.

As aulas do alumnado máis maior apadriñaron ás dos máis peques, coa finalidade non só de manter un tempo de lectura valorada e compartida, senón de seguir ampliando o desenvolvemento das nosas habilidades sociais e emocionais, fortalecendo o sentido de pertenza.

Entre os beneficios desta proposta podemos destacar: fomento do hábito da lectura, mellora das habilidades de lectura, ampliación do repertorio literario, creación de comunidade...

Primeiro tiveron un tempo para coñecerse, facerse preguntas, acordar un sitio do cole para este momento... e hoxe desenvolvéronse as lecturas na hora de ler, promovendo así unha cultura lectora no contexto escolar.













Comentarios