Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta día do libro

SEMANA DO LIBRO

Imaxe
 Aquí presentamos o cartel para a Semana do Libro, unha semana especial chea de actividades para todxs. Obradoiro de marcapáxinas no tempo de lecer :  Durante os recreos, no horario destinado a cada ciclo, a nosa biblioteca transformouse nun obradoiro de creatividade co obradoiro de marca páxinas feitos con tela reutilizada, aportada polas familias. De forma voluntaria, o alumnado, coa axuda e colaboración do equipo de voluntariado da biblio, puido poñer a proba a súa habilidade manual e a súa creatividade ao mesmo tempo que aprendían sobre a importancia da reutilización de materiais e o coidado do medio ambiente. Libros liberados :  Espallamos a maxia da lectura coa iniciativa dos libros liberados. Na entrada do cole, púxose un espazo adicado a esta proposta, invitando a liberar un libro e levar outro, dándolle unha segunda vida ao mesmo. Amadriñamentos lectores: Unha vez máis, o alumnado de cursos superiores tivo a marabillosa oportunidade de compartir a súa paixón pola lectura coa

#EuLeoNaCasa

Imaxe
Este mes de abril ven cargadiño de celebracións!. Hoxe 2 de abril é o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e a semana do 20-24 de abril conmemórase polo calendario escolar a Semana do Libro.  E non coñecemos un lugar mellor para celebralo que a nosa biblioteca, nin mellores personaxes que todos vós, os que día a día formades parte do cole, nenxs, familias e profes! Así que, o que vos recomendamos facer neste mes para celebralo é... LER!!  Ademáis, animámosvos a participar nunha actividade durante este mes (plazo ata o 30 de abril) : Consiste en facer unha recomendación lectora en formato video dun conto ou libro que recomendedes (pode ser un que teñades na casa ou que lérades e vos gustou tanto tanto como para recomendalo), especificando o título e a vosa xustificación de recomendación. Despois enviades o video ao correo da biblio bibliotecamestremartinezalonso@gmail.com , e nós encargarémonos de facer unha montaxe para publicala posteriormente e compartir c
Imaxe
23 DE ABRIL "DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR 2009" Como en conmemoracións anteriores, desde o IES Río Cabe de Monforte , chéganos un extraordinario cartel. Nesta ocasión as creadoras inspíranse no poder dos libros e da lectura para protexerse de todo o negativo. Ante unha unhas gotas de chuvia nociva abramos o noso paraugas de cultura, para protexernos a nós mesmos e aos demais. Nesta celebración que ten por protagonistas aos libros aproveitemos tamén para ler versos fermosos "Versos a moreas..." , un regalo da poeta Gloria Sánchez para as Bibliotecas Escolares de Galicia no Día Múndial do Libro e dos Dereitos de Autor 2009.

23 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Como xa comentamos o día 23 de abril é unha data especial para os libros,un 23 de abril de 1616 morría Miguel de Cervantes ,o creador da figura de Don Quijote.Aquí tendes un pequeno vídeo que mostra o comezo da súa obra máis importante: "El ingenioso hidalgo Don Quijote de La Mancha"