Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2026

MAIO ENTRE VIÑETAS

Imaxe
 Coincidindo coa celebración do Día do Cómic Gratis , que ten lugar cada primeiro sábado de maio para reivindicar o seu valor e fomentar a lectura de banda deseñada, na nosa biblioteca quixemos dedicar estes días ao mundo das viñetas e da creación gráfica. Así, o alumnado de 6º de Primaria participou nun obradoiro de creación de cómic da man de KAME (academia de cómic e debuxo de Vigo)  achegándose ao proceso creativo dunha banda deseñada e descubrindo recursos narrativos e visuais propios deste formato: a creación de personaxes, a expresión das emocións, os planos, o movemento ou a importancia da secuenciación das viñetas para contar historias. Unha experiencia que permitiu comprender que o cómic é moito máis ca entretemento: é tamén unha ferramenta de lectura, expresión artística e alfabetización visual que combina palabra e imaxe para estimular a creatividade e a imaxinación. Ademais, para seguir celebrando este mes entre viñetas, as primeiras novidades incorporadas á ...

ABRIL MES DO LIBRO

Imaxe
 O mes de abril converteuse, un ano máis, nun tempo especial arredor da lectura no noso centro. Co gallo do Día do Libro (23 de abril) , desde a biblioteca escolar puxéronse en marcha diferentes propostas que convidan ao alumnado a ler, crear e compartir historias . Ao longo destas semanas, a biblioteca acolleu unha exposición de novidades , achegando ao alumnado novos títulos para seguir espertando o gusto pola lectura e descubrindo novos universos. Un dos momentos máis significativos foi a realización dos apadriñamentos e amadriñamentos lectores , nos que alumnado de diferentes idades compartiu lecturas, fortalecendo vínculos e convertendo a lectura nun acto compartido, onde ensinar e aprender camiñan da man. A palabra tamén viaxou a través da nosa radio, cun podcast elaborado polo alumnado de 1ºA , no que recitan o poema “Viajar es un placer” de Gloria Fuertes, achegando a poesía dun xeito próximo, expresivo e cheo de emoción. Ademais, durante as visitas á biblioteca,...