Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL

Deixámosvos aquí as Recomendacións Lectoras para este Nadal, coas novidades e propostas interesantes da biblioteca para que podades gozar e compartir tempo de lectura nestas vacacións. Agardamos que vos gusten! BO NADAL E FELICES LECTURAS!

NESTE NADAL ADOPTA UN LIBRO

Imaxe
 Achégate á biblioteca nesta semana e adopta un máximo de dous recursos localizados nas caixas que atoparás no corredor de acceso á biblioteca.  Grazas a esta iniciativa, cada un dos libros expurgados tiveron unha nova vida nas mans do noso alumnado, deixando espazo nos estantes da biblioteca para os máis novos a actualizados.  Moi ledos e ledas foron para a casa cos libros elixidos por elxs para esta nova vida que volve a comezar.

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA E DA INNOVACIÓN

Imaxe
Novembro foi o mes da Ciencia e a Innovación e dende o cole non quixemos deixar pasar esta oportunidade para organizar unha actividade que o alumnado desenvolveu na biblioteca na súa hora semanal asignada. A ciencia forma parte das nosas vidas, danos respostas para entender o mundo, explicar os cambios, buscar solucións...  Así, quixemos conmemorar esta data reflexionando sobre a súa importancia, tendo en conta e moi presente que a curiosidade e a investigación son aspectos que debemos manter latentes nos nosos centros e no noso alumnado,  Seguindo a temática do PDI de centro, na biblioteca apareceron uns exemplares de diferentes pegadas, acompañadas dunhas propostas para investigar e experimentar.  Ademais, dotouse un espazo diferenciado para expoñer novidades relacionadas cos animais, onde podían acudir para buscar información. Cada clase debía escoller unha das pegadas e investigar de que animal podía tratarse, así como experimentar coas propias pegadas mediante un experimento. Invi