Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2021

PRESENTACIÓN DO LIBRO "GALEGAS NA CIENCIA"

Imaxe
Con motivo da Semana da Ciencia e a conmemoración do Día Contra a Violencia de Xénero , recibimos a visita de Isabel Blanco para presentarnos o seu libro “Galegas na Ciencia” , coa finalidade de promover a loita contra a violencia e a investigación científica sen barreiras de xénero. Galegas na Ciencia é un libro sobre 20 mulleres galegas científicas pioneiras, un libro coa intención de animar ás novas xeracións a perseguir os seus soños sen importarlles o que os demais pensen. É un libro que axuda a romper estereotipos de xénero e abre as portas das ciencias a homes e mulleres por igual. A obra ensalza a galeguidade: mulleres cuxas vidas profesionais se desenvolveron fortemente vencelladas a Galicia. Todas atravesaron as portas do mundo científico e tecnolóxico e o fixeron a pesar dos obstáculos e, en ocasións, das burlas e dos desprezos. O esceario cronolóxico do libro enmárcase desde o século XVIII ata o ano 1948. Este libro é homenaxe e alento, é memoria e presente, e sobre todo é

NOVIDADES

Imaxe
 

20N- DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Imaxe
O 20 de novembro celebramos o Día Universal da Infancia , poñendo en valor os seus dereitos, recollidos na Convención sobre os Dereitos dx nenx en todo o mundo (aprobada como tratado internacional de dereitos humanos o 20 de novembro de 1989 ). Conectando estes dereitos cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, dende a biblio propoñemos ao noso alumnado, infancia pola que traballamos día a día, a posibilidade de expresarse con respecto a un dos seus dereitos fundamentais: a protección e coidados necesarios para o seu benestar, incluindo o medioambiente.  A proposta inclúe a visualización dun video "Con mascarilla, pero non silenciados", de Unicef, así como diferentes útiles para poder expresarse escribindo nas cristaleiras da biblioteca e deixando as súas propostas e opinións expostas para toda a comunidade educativa.  Unha oportunidade para darlles voz e voto nun dos seus dereitos, recoñecendo a importancia do seu papel proactivo na transformación do mundo.

A BIBLIOPATIO

Imaxe
A nosa Bibliopatio xa volve estar en pleno funcionamento!  Este carriño tan xeitoso paséase dous días á semana no momento de recreo no patio de Educación Primaria, ofrecendo lecturas para quen queira gozalas, a solas o en compañía, nestes momentos de ocio e lecer, fomentando así o hábito lector tamén no noso entorno máis lúdico e libre.

MOCHILAS VIAXEIRAS

Imaxe
 As nosas primeiras mochilas viaxeiras xa votaron a andar polas casas, cheas de diversos fondos e recursos da biblio como narrativa nas diferentes linguas (castelán, galego e inglés), cómic, emocións... Ademais, tamén levan no seu interior unhas propostas relacionadas co noso Proxecto Documental Integrado de centro "Estamos Aquí", en forma de experimento e creación artística , contribuíndo así a algúns dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030. Boas lecturas!!

UNHA SESIÓN NA BIBLIO EN INFANTIL

Imaxe
Todas as aulas dispoñen dunha sesión semanal dentro do seu horario lectivo para asistir á biblio e realizar diversas actividades (lectura individual e compartida, goce das novidades, búsqueda de información, creación de contidos, xogo e manipulación, recuncho maker, recuncho TIC...). Así é unha sesión calquera nun aula de E. Infantil.  

NOVIDADES NOVEMBRO

Imaxe
 Próximas novidades na biblio a partir do luns día 8! Agardamos que gocedes moito delas.

INAUGURACIÓN E DESCUBRIMENTO DO PDI

Imaxe
A semana pasada, coa apertura da biblioteca, coñecemos o proxecto de centro deste curso a partir do descubrimento dunha caixa con contido audiovisual, gráfico e escrito para motivar a todo o noso alumnado: textos escritos e adaptados en pictogramas que tiñamos que emparellar coas fotografías correspondentes e un código QR cun enlace ao seguinte video: Tras a visualización deste, rematamos a sesión coa  rutina de pensamento VEXO-PENSO-PREGÚNTOME que nos levou a plantexarnos moitas preguntas, as cales agardamos ir dándolles resposta dende a nosa propia implicación. E tamén firmamos os nosos contratos para un bo uso da biblio. A Axenda 2030 é unha tarefa urxente e tentaremos contribuir aos obxectivos de desenvolvemento sostible, principalmente aos relacionados cos problemas ambientais e cambio climático a través dun proxecto plural, democrático e solidario. Porque para iso ESTAMOS AQUÍ!