Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2020

A CITA EN GALEGO DE IAGO DE 5º DE EI

Imaxe
A Iago, con estos días tan bos, gústalle moito ler á sombra escoitando os paxariños. Este banco é o seu mellor sitio para ter a súa cita con "Carabuñas" e coa "Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza".

ENQUISA DE VALORACIÓN DA BIBIOTECA ESCOLAR PARA FAMILIAS E ALUMNADO CURSO 2019-2020

A continuación presentámosvos a enquisa para familias e alumnado  de valoración da biblioteca escolar deste curso 2019-2020. O alumnado de infantil necesitará a axuda dunha persoa adulta. Para acceder á enquisa do alumnado antes hai que cubrir a da familia. Só é necesario cubrir unha por familia e filla ou fillo. De esta forma se nunha casa hai máis de unha filla/o, con que a cubran un é suficiente. Moitas grazas pola vosa olaboración Un saúdo, o equipo de apoio á bilbioteca escolar Cargando…

CITAS EN GALEGO

Imaxe
Aquí temos máis citas compartidas da man de  Amanda de 3ºB, que tivo unha cita con Rosalía de Castro e recítanos a súa poesía "Adiós ríos, adiós fontes". e  Oriol, de 3ºA, quen creou o seu propio cómic en galego.

CITAS EN GALEGO

Imaxe
Novas e interesantes citas en galego que tiveron: Brandán (1º EP), Ibai e Eric (3 anos A e B respectivamente) e Iago (1º EP).

LETRAS GALEGAS 2020

Imaxe
Nesta semana (11-15 de maio) conmemoramos a Semana das Letras Galegas , e cada 17 de maio, celebramos que en Galicia temos unha lingua e unha literatura propia. A través dela rememoramos o pasado, nomeamos o presente e construímos o futuro. Neste inusual mes de maio, a figura do homenaxeado nas Letras Galegas 2020, Ricardo Carvalho Calero ,  asómase á xanela sabendo que os nosos espazos permanecen abertos, desde a distancia. Queredes coñecelo mellor? pois para saber máis da súa contribución ao estudo da literatura galega, do seu maxisterio, do seu compromiso coa lingua, da súa poesía e teatro... prema na seguinte imaxe e accede a todo o seu contido. Podes imprimir documentos para facelos, acceder a eles en liña... só tes que elixir as axeitadas para a túa idade: E ainda que non podemos celebrar esta data tan sinalada no cole, non impedirá que podamos gozar con  contos: Prema na imaxe para acceder á lectura do conto de "Os bolechas, as miñas prime

MÁIS CITAS EN GALEGO

Imaxe
Eloy da clase de 1º e Carmen de 3º B comparten as súas citas cos seus soportes en galego: "Alicia no País das Marabillas" e "Vampira de biblioteca".

"UNHA CITA EN GALEGO" POR HUGO 1º

Imaxe
Hugo de 1º de EP tivo unha cita virtual en galego co conto "Nube Branca quere ser astronauta" , da editorial Baía Edicións, e así de ben preparouse para este momento 😍

XORNAL O PAPAGAIO. MAIO

Unha nova entrega do mes de maio que podedes visualizar e descargar directamente premando no enlace. Agardamos que disfrutedes moito co xornal. XORNAL O PAPAGAIO MAIO

UNHA CITA EN GALEGO

Imaxe
Gústanche as citas? pois durante este mes de Maio , e con motivo da conmemoración das Letras Galegas, invitámosvos a preparar unha cita moi especial. En qué consiste? elixe un TEXTO ESCRITO EN GALEGO, tanto en formato papel como electrónico (conto, libro, xornal, poesía...) co que queiras pasar un bo rato. Prepara con moito coidado este momento, elixindo un recuncho, caracterizándote se queres (vestimenta, maquillaxe, obxectos complementarios...) e dicándolle o tempo necesario. E comparte con Ratiño e Ratiña  e con todxs nós, este momento. Agardamos as vosas  fotos  no mail da biblioteca: bibliotecamestremartinezalonso@gmail.com indicando no asunto o voso nome, curso e título da obra coa que tiveches a túa cita. Faremos unha gran exposición neste blogue! Xa estás invitadx a ter unha cita cun texto que seguro que será moi importante, con moitas cousas por contarte e moitas cousas por aprender. Aceptas esta invitación? Estás preparadx para este encontro?