Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2023

3 DECEMBRO: DETECTORES DE BARREIRAS

Imaxe
Polo Día Internacional das Persoas con Discapacidade (3 de decembro), creamos un pequeno stand cunha selección de recursos para sensibilizar, concienciar e empatizar coa diversidade. Ademais, comezamos co seguinte Reto, enmarcado no proxecto CLab para Polos Creativos, coordinado polo Equipo TIC e o Equipo SAAC: "Detectores de barreiras" , para facer do cole un lugar máis accesible a todo tipo de diversidade. Como motivación, unha mañá ao chegar ao cole atopamos un muro, unha barreira coa que comezamos a facernos preguntas e plantexarnos solucións: Tamén nas aulas, o profesorado, iniciou a primeira sesión aportando algunha barreira : falar nun idioma inventado, falar moi baixiño, atrancar as portas con cadeiras, poñer as mesas do revés, colocar material en altura ao que non podan acceder... Posteriormente,  tivemos a sesión de charla experta para afrontar o reto. A nosa profe Marta,   especialista en PT, deseñou para todo o alumnado a actividade Detectives de barreiras, coa

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Imaxe
  Coas vacacións de Nadal á porta, queremos recomendar, coma cada ano, unha serie de lecturas e xogos para estas festas, xa que son o momento perfecto para afundirse nun bo libro e deixarse levar pola maxia das palabras, así como para compartir risas e bos momentos ao redor dun xogo en familia ou coas amistades. Aquí tedes unha selección especial para todxs: Desexámosvos unhas felices vacacións de Nadal cheas de boas lecturas e momentos inesquecibles. Ata a volta!

PRESENTACIÓN PDI CURSO 23-24

Imaxe
No pasado mes de outubro, tras a inauguración da biblioteca, cada aula asistimos a biblio para descubrir a temática na que traballaremos e profundizaremos este curso, dentro do PDI "Estamos Aquí", centrándonos en aprender a consumir dun modo responsable, seguindo o ODS 12. Como elemento motivador, visualizamos unha presentación interactiva e realizamos diversas propostas que nos sensibilizan e crean conciencia cara a comezar a investigar e traballar no proxecto. Partindo de tapóns azuis que traemos de casa, respostamos a unha cuestión plantexada , observando de forma moi visual o resultado: ALGUNHA VEZ COMPRACHE OU TE REGALARON ALGO QUE USARAS UNHA VEZ OU NINGUNHA? Tamén investigamos sobre o consumo da auga a través do Merge Cube , visualizando mediante a realidade aumentada diversos lugares no mundo con risco de sequía, reflexionando sobre as súas causas e consecuencias e aportando pequenas accións que podemos facer. Aprendemos tamén nesta sesión que para fabricar un panta

CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

Imaxe
Durante este mes de novembro celebramos o  mes da ciencia en galego   na nosa biblioteca, coa colaboración no Equipo da Horta Escolar, xa que partimos do manifesto  para este ano 2023 baixo o título  "Sementeiras de curiosidade científica",  para traballar por e para nosa horta escolar. Para iso, primeiro recibimos no cole  a unha invitada de honor! Visitounos Elia , unha ex alumna e experta en agricultura ecolóxica ,  referente no noso concello e seguro que moito máis aló (poderedes atopala nas redes sociais como @huertelia).  Con ela aprendemos moitas cousas interesantes para seguir enriquecendo e enriquecéndonos da nosa horta, a cal queremos convertir en 100% ecolóxica. Fixemos un obradoiro de cultivos de outono e productos de tempada, contribuindo así ao PDI do centro e ao consumo responsable. T róuxonos sementes de xirasois vermellos, cabazas Peter Pan e flores e follas que se poden comer e ata estampar en teas! Mostrounos cómo facelo e invitounos a elo (coas flores e fo