Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2017

MARZO, MES DA POESÍA...

Imaxe
Este mes de marzo o colexio encheuse de poesía! Primeiro celebramos o Día da Poesía creando poemas colectivos que serán recollido nun libro que ocuparán un lugar mois especial no andel de poesía e logo irrumpindo nas ulas de forma sorpresiva sen horario e sen control para ler e recitar poemas.  Estas Accións Poéticas Subversivas (APS) leváronse a cabo durante dúas semanas, e neste vídeo queda unha mostra. Os nenos e nenas de educación infantil recitan o seu poemiña para os nenos e nenas de primeiro. Foron momentos poéticos fantásticos que fixeron do cole un lugar especial durante este mes de marzo!   VIVA A POESÍA!

8 DE MARZO "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"

Imaxe
Chega de novo o 8 de Marzo e desde a biblioteca imos abordar un dos días máis importantes do noso calendario de celebracións. Un ano máis o colexio vai parar a súa dinámica diaria para centrarse na IGUALDADE. Cinco horas de reflexión sobre a necesidade de pelexar pola igualdade entre homes e mulleres. Nesta ocasión ímonos centrar no mundo deportivo: estereotipos, vestimentas, sexismo... desde o punto de vista de cinco especialistas en diferentes modalidades deportivas. Érika falaranos de ximnasia rítmica, José Ramón de ciclismo, Lola de Voleibol, Alba de baloncesto e Noela de Hockei. Seguro será unha xornada do máis interesante para o noso alumnado de infantil e primaria baixo o lema: " NENOS E NENAS SOMOS IGUAIS E QUEN NON PENSE ASÍ AQUÍ ESTÁ DE MÁIS" Gozade coa canción "Hemisferios". 8 mulleres, 8 voces, 8 de marzo