Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2010
M A I O , M E S D A S L E T R A S 2 0 1 0 E despois de "Abril, mes dos libros" chega un intenso mes de Maio no que será protagonista a cultura galega. A programación para este mes é do máis interesante: CLUB DE LECTURA : os membros do club terán un encontro co autor do libro "A Monstroescola" VISITA DE ANXO FARIÑA : o ilustrador visitaranos para mostrarnos as súas técnicas de creación. WEBQUEST UXÍO NOVONEYRA: os ratiños e ratiñas detectives da escola deberán poñerse a traballar para resolver un novo reto. MALETAS VIAXEIRAS: levaran polas aulas libros que teñen como protagonista a Uxío Novoneyra. SESIÓN DE CONTACONTOS : os nenos e nenas de 3º CICLO contarannos 3 historias fantásticas. LER E CANTAR : cantaremos o poema "Galicia " de Manuel María. RATIÑOS INVESTIGADORES (ALFIN NA BIBLIOTECA): o detective que levamos dentro entrará en acción para saber máis cousas sobre Uxío Novoneyra. CINE EN GALEGO : unha nova sesión de cine na biblioteca en galego O C
Imaxe
C I N E E N A B R I L , M E S D O S L I B R O S O cine é unha das actividades habituais na biblioteca do cole. En abril procuramos escoller un título relacionado coa literatura e nesta ocasión o títluo que veremos é "KIKA SUPERBRUJA" . Esta é unha das coleccións da que máis préstamos realizan os ratiños e ratiñas lectoras da escola, así que imaxinamos que gozaran coa proxección. As sesións realizaranse por ciclos hoxe martes 20 de abril... XA SABEDES: VÉMONOS NA BIBLIOTECA!
Imaxe
R A T I Ñ O S D E B I B L I O T E C A : A L F I N E N A B R I L Desde dúas bibliotecas escolares chéganos a proposta para realizar dúas investigacións centradas nas celebracións deste "Abril, mes dos libros". A primeira das procuras de información centrarase en cuestións relacionadas co Día Internacional do Libro que se celebra como xa sabedes o 23 de abril. Esta webquest foi realizada pola biblioteca escolar do Cep de Cespón . Está pensada para o 2º e 3º ciclo de primaria. Premede na foto de Cervantes para iniciar a investigación. E desde a biblioteca do CEIP de Covas en Viveiro chéganos unha caza do tesouro para aprender moitas cousas do Día do Libro Infantil e Xuvenil . Premede na foto de Andersen para resolver as cuestións que nos plantexan. FELIZ INVESTIGACIÓN, RATIÑOS DETECTIVES!
Imaxe
C L U B D E L E C T U R A Inicia a súa andaina o club de lectura da nosa biblioteca escolar. Faninos moita ilusión, porque ata o momento aínda que en cada titoría se realizan lecturas colectivas non funcionaba un club de lectura como tal. Nesta primeira experiencia o club ofertouse aos nenos e nenas de 4º de primaria e a súa actividade está cordinada pola profesora María Velasco . Escollimos como primeira lectura "A Monstroescola" de Anxo Fariña. O clube reúnese cada 15 días e nel participan 18 ratiños e ratiñas lectoras que se apuntaron ao mesmo voluntariamente. As reunións realízanse en horario escolar, xa que organizalo en horario extraescolar no noso centro é complicado xa que non temos transporte e moitos nenos non poderían asistir aínda que quixeran. Os membros do clube (que aparecen na foto) teñen o seu carné personalizado e reuniranse en Maio co autor da obra dentro das actividades programadas para a Semana Cultural.
Imaxe
A B R I L , M E S D O S L I B R O S Chega de novo o mes de abril e con el unha época de celebración para todas as bibliotecas. Entre a celebración do Día do libro infantil e xuvenil e o Día do libro e dos dereitos de autor dispoñemos de todo un mes para realizar actividades relacionadas coa lectura. A nosa programación para o mes de abril é a seguinte: CLUBE DE LECTURA : poñemos en marcha o clube de lectura, "A Monstroescola" de Anxo Fariña será o noso primeiro título. CINE E LIBROS : unha nova sesión de cine relacionado coa literatura, nesta ocasión gozaremos coas aventuras de "Kikasuperbruxa " un título de éxito na nosa biblioteca. AS LINGUAS DA ESCOLA "CARAPUCHIÑA VERMELLA": as familias da escola colaboraron para realizar unha versión de Carapuchiña Vermella plurilingue. TICs NA BIBLIOTECA : aproveitaremos neste mes de abril para poñer en práctica as actividades de formación de usuarios deseñadas polo equipo de biblioteca para a pizarra dixital .