Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2010
M A R Z O P O E S Í A : C I N E " O C L U B E D O S P O E T A S M O R T O S "
R E F L E X I Ó N S S O B R E A P O E S Í A
Imaxe
M A R Z O, P O E S Í A Premede na fotografía para visitar a páxina Poetas di(n)versos . Aquí atoparedes unha escolma de poemas sobre "cousas pequenas" realizada polos responsables da biblioteca do IES Moncho Valcarce en As Pontes. Unha lectura fantástica para este mes de marzo protagonizado pola igualdade e a poesía na biblioteca. Poemas e versos sobre cousas pequenas, correntes, mínimas...
Imaxe
M A R Z O I G U A L D A D E Por incrible que pareza é obxectivo do milenio para o ano 2015 a igualdade entre xéneros e a autonomía da muller. É responsabilidade de todos/as que as nenas e nenos de hoxe medren concienciados na igualdade. Non podemos agardar ata o 2015, este ten que ser obxectivo para HOXE!. Agradecemos unha vez máis ao IES Río Cabe de Monforte a súa aportación a esta reivindicación con este fantástico cartel.
Imaxe
A C T I V I D A D E S M A R Z O I G U A L D A D E Con motivo da celebración do mes de marzo onde conmemoramos especialmente o 8 de Marzo "Día Internacional da Muller" desde a biblioteca programamos varias actividades. Temos preparadas varias sesións para dar a coñecer os seguintes materiais da editorial Baía e da súa colección Contos para a igualdade: Seleccionamos para E. Infantil, 1º, 2º e 3º: "O memiño Nito. Entón os homes choran ou non? E para 4º, 5º e 6º: "Xela volveuse vampira" E ademais..."Se acabaron las lágrimas" Aquí tendes a letra para bailar, cantar e reivindicar neste mes de MARZO, IGUALDADE. ´ Cuando sientes frio en la mirada,cuando alguien a roto tu sonrisa de cristal y tu carita de porcelana se acuerda de su mano ,mano de metal. Es hora de empezar a andar, se acabaron las lagrimas, es hora de empezar a andar. Rompe tu jaula. 4 primaveras calladas las rosas secas ya no saben perfumar. Siente las espinas que se clavan pinchando bien
Imaxe
M A R Í A F U M A Ç A . . . e do tren CDU que de vez en cando recorre a escola ao tren María Fumaça. Esta semana tivemos un regalo para a biblioteca da escola, 4 Cds cheos de boas cantigas para gozar con elas. Con este título a familia (por certo, moi musical) de Rui, alumno de educación infantil, cedeu para a biblioteca escolar catro CDs cunha recopilación fantástica de cantigas de países lusófonos. A orixinalidade radica e que non atoparedes en ningún establecemento estes materiais xa que foron gravados especialmente para Rui, e agora son compartidos con todos os ratiños e ratiñas lectoras da escola. Aquí tendes as carátulas. Para todos os amantes da boa música aí queda a nosa recomendación.Atoparedes os Cds na estantería co número 7 e a cor LILA.