Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2023

PODCAST BIBLIOPATIO MUSICAL

  Con motivo da Semana do Libro , que xa mostramos en entradas anteriores, durante todo o mes de abril a Bibliopatio encheuse de música grazas ao noso alumnado que quixo compartir as súas destrezas musicais.  Neste Podcast podedes escoitar unha pequena mostra de todo o talento musical que temos no cole.

HORA DE LER MUSICAL

Imaxe
Na Semana das Letras Galegas (15-19 de maio) as horas de ler convertéronse en letras e notas musicais  dando lugar a pequenos concertos didácticos da man do noso alumnado: Ian, Gorka, Iván (6º); Mar, Martina, Saúl, Hugo, Xián, Antonio Quinto, Évolet (2º); Lucas, Gema, Gabriel García, Inés e Aaron (3ºA). Ademais, tivemos sorpresa final! Imaxinades qué pode ser? pois mirade, mirade... SORPRESAAAAAAA!!!!

ÚLTIMAS NOVIDADES

Imaxe
 Compartimos as últimas novidades deste curso expostas no estante das mesmas. Agardamos que gocedes delas no tempo de biblioteca ata que o próximo curso estén dispoñibles para préstamo. Ata pronto!

LETRAS GALEGAS. SAÍDA AO PAZO DE MOS

Imaxe
 Aproveitando o valor pedagóxico e social das saídas, este venres 19 de maio, con motivo da celebración das Letras Galegas, todo o cole achegámonos á nosa contorna máis próxima para gozar do espectáculo visual "Con area cousas debuxo", no que o artista mosense Marcos Escudero contounos contos, historias do pobo galego e das nosas letras a través da técnica sand painting ou pintura sobre area, acompañado de música e narrativa. Este espectáculo visual con area e luz fusiona varias técnicas (sombras chinas, cómic, animación...) para contarnos historias a través das imáxenes que crea con area sobre o cristal dunha caixa de luz. As historias crean vida propia e o artista introduce variacións para personalizalos e adaptalos ao público. Os debuxos aparecen e desaparecen, a través de movementos e cambios máxicos que os transforman. Toda unha marabilla!. Despois do espectáculo, tivemos unha xornada de convivencia no entorno do Pazo de Mos e voltamos ao cole xunto cos nosos padriños e

APADRIÑAMENTOS LECTORES. AS NOSAS LETRAS

Imaxe
 Nesta semana na que festexamos as Letras Galegas , levamos a cabo os apadriñamentos lectores que tanto nos gustan ano tras ano. As aulas do alumnado máis maior apadriñaron ás dos máis peques, coa finalidade non só de manter un tempo de lectura valorada e compartida, senón de seguir ampliando o desenvolvemento das nosas habilidades sociais e emocionais, fortalecendo o sentido de pertenza. Entre os beneficios desta proposta podemos destacar: fomento do hábito da lectura, mellora das habilidades de lectura, ampliación do repertorio literario, creación de comunidade... Primeiro tiveron un tempo para coñecerse, facerse preguntas, acordar un sitio do cole para este momento... e hoxe desenvolvéronse as lecturas na hora de ler, promovendo así unha cultura lectora no contexto escolar.

NOVIDADES MAIO

Imaxe
 

BIBLIOPATIO MUSICAL (PARTE II)

Imaxe
Aquí mostramos as actuacións da segunda semana da Bibliopatio Musical a cargo de: Carmen Miguélez, Álex e Denís (4º EP), Javier Muiños, Thais, Javier Alonso, Iván, Gael, Antón, Daniel e Ada (5º EP). Grandes artistazxs que temos neste cole!  Grazas a todxs por colaborar nesta iniciativa de fomento da linguaxe musical, do aprendizaxe colaborativo, da creatividade e a inclusión, obxectivos da nosa biblioteca escolar. Agardamos que gocedes de novo coas súas actuacións. Ben seguro que repetiremos pronto. Ata a próxima!