Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Imaxe
Rematamos un curso ben distinto pero que todxs superamos con creces. Un curso cheo de novas aprendizaxes, habilidades e como non, de novas lecturas. Pero sobre todo, cheo de resiliencia, solidaridade e empatía. Dende o Equipo de Biblioteca, agardamos que gocedes dun merecido verán e que no tempo de lecer, atopedes un ratiño para ler.  BO VERÁN E FELICES VACACIÓNS!

HORA DE LER

Imaxe
 A hora de ler constitúe unha rutina moi establecida no noso centro, onde dentro do horario lectivo dispoñemos dun momento diario adicado ao fomento da lectura, actualmente de 25 minutos. Cadaquén pode elixir o formato e contido de cada lectura, como pode ser: escoita activa de contos contados polos mestres/as ou polos propios alumnxs, lecturas proxectadas, lecturas comúns ou tamén lectura libre individual.  Tras as lecturas, lévanse a cabo actividades de distintos tipos que pretenden a comprensión e a reflexión, así como o fomento do pensamento e a creatividade.  Moitos anímanse a facer libriños de aula, compartindo posteriormente momentos de lectura vendo as súas propias creacións. Ademais, todas as aulas contan cunha hora semanal fixa no horario da biblioteca para dispoñer dela e facer tamén actividades de fomento á lectura, lecturas libres e/ou préstamo de fondos. Bravo pequenxs, grandes lectorxs!!

CHARLAS COA PROTECTORA "OS BIOSBARDOS"

Imaxe
 O pasado 28 e 31 de maio todas as aulas recibimos a visita de Eva, voluntaria da Protectora de Animais "Os Biosbardos",   quen nos contou moitas cousas sobre esta asociación e a súa importante labor, que non é outra que rescatar, rehabilitar, coidar e buscar unha adopción responsable para todos os animais que van parar ao refuxio, como foi o caso de "Chino" , o seu can.  Ensinounos a súa equipada mochila, con todos os accesorios importantes para o coidado deste animal, así como o aparello necesario en caso de perda ou extravío, para poder localizalo. Tamén contounos "A historia de Parche" , un emotivo conto para todos os públicos que relata a historia deste can, un novo podenco que busca algo que descoñece por completo... a felicidade. Pero esta historia ben podería ser a de calquera dos que están no refuxio, axudando así a crear conciencia no noso alumnado e invitando a reflexión e a o debate. MOITAS GRAZAS EVA pola túa entrega e pola túa contribución