Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2014
Imaxe
XA   ESTÁ   AQUÍ, REMATOU A ESPERA  CON TODOS VOS O TRABALLO DO CEIP MESTRE MARTÍNEZ ALONSO PARA CONMEMORAR O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO https://www.youtube.com/watch?v=_9x-tVs65Io
Imaxe
OLA A TODXS!!!! TODAVÍA NON ADIVIÑASTES   DE QUE VAI O   IMPORTANTÍSIMO ACONTECEMENTO   QUE ESTA A PIQUES DE OCORRER NO NOSO COLE. ESTÁ BEN, AHÍ VAI OUTRO MARAVILLOSO LIBRO QUE VOS PODE DAR UNHA PISTA DE POR ONDE VAI   A COUSA.
OLA!!!! HOXE VOS DEIXAMOS UNHA FERMOSA CANCIÓN QUE NOS DEIXAN OS NOSOS COMPAÑEIROS DA "BIBLIOLUCUS"  MOITAS GRAZAS POR COMPARTILO CON TODOS NÓS!!!! PINCHA AQUÍ PARA ACCEDER Á PÁXINA
Imaxe
Ola a todxs! Lembrade que algo se está a argallar na biblioteca estes días!! Se queredes un avance ide mirando este contiño!!  Acordádesvos?  É "Rosa Caramelo"!!!! Seguide atentos ás próximas novas...
 SAMAÍN 2014   O SAMAÍN É  UNHA CELEBRACIÓN DE ORIXE CELTA, A NOITE NO 31 DE  OUTUBRO COMEZA O ANO CELTA, REMATA O VERÁN E ENTRA O INVERNO. NESTA NOITE AS ÁNIMAS DOS MORTOS VISITABAN CASAS E A XENTE  PENDURABA NAS PORTAS  CABAZAS ACESAS PARA PROTEXERSE DESTAS  PECULIARES VISITAS. O NOSO COLE RECREOU O AMBIENTE DO SAMAÍN CON CABAZAS  TRANSFORMADAS EN CIENTÍFICOS. ESTAS CABAZAS FORON FEITAS POLOS NOSOS ALUMNOS E AS SÚAS FAMILIAS. UN TRABALLO MOI CREATIVO E ORIXINAL, TANTO,QUE ATA RATIÑO E  RATIÑA  SE PASARON A  MIRALAS E QUEDARON ABRAIADOS. PARA REMATAR A CELEBRACIÓN CANTAMOS, TODOS OS NENO/AS DO COLE, A  CANCIÓN " O ROCK DAS PANTASMAS"  A NOSA PERSOAL VERSIÓN EN GALEGO  DA CANCIÓN ORIXINAL QUE É  EN CASTELÁN. AÍ  VAI UNHA PROBA DO BEN QUE O PASAMOS
Imaxe
OLA   NENAS/OS Aquí vos deixamos unhas fotiños do contacontos que viu a biblioteca Como vedes nas fotos,os nenos/as de infantil foron os primeiros en animarse. A visita desteCONTACONTOS  gustounos moito a ratiño e a min, aprendemos  sobre os cogumelos e divertímonos bailando. Esperamos  seguir recibindo visitan tan divertidas coma esta. bicos de Ratiño e Ratiña.
Imaxe
RATIÑO E RATIÑA XA ESTÁN AQUÍ DE NOVO! Ola a todos! Xa estamos aquí de novo e traemos moitas novas que contarvos! Para empezar e por se non o sabedes (que algún de vos é moi despistado) xa está en funcionamento a nosa biblio. Este ano temos moitas sorpresas. Se vos queredes enterar o blog teredes que mirar!  pero para ir desvelando algunha, que saibades que na festa do Samaín, presentaremos o novo Proxecto documental Integrado do centro, que este ano terá como temática... PISTA!!! 
Chegou marzo e con el a poesía, como xa sabedes o día 21 celebramos o Día da Poesía. Como xa nos informaron Ratiño e Ratiña de biblioteca temos a disposición de todos os lector@s do cole o II Libro de poesía ilustrada que fixemos entre todos o curso pasado. Tamén aproveitaremos este mes para que o alumnado de 4º pase polas aulas unhas versións en poesías dos contos "Carapuchiña Vermella" e "Os tres porquiños" Finalmente deixámosvos de agasallo poético este vídeo do libro "Rosalía pequeniña" interpretada por Uxía e que imaxina a unha Rosalía de Castro sendo unha nena pequena.

XANEIRO, MES DA PAZ

Neste xaneiro queremos celebrar o Día da Paz cantando todos/as xuntos/as. Da versión en español do libro A nena e o grilo atopamos esta versión de "Todos somos capitanes" con lengua de signos. Encántanos Magín Blanco e esta versión é fantástica! Ratiños e Ratiñas da escola... a cantar coas mans!