LETRAS GALEGAS. SAÍDA AO PAZO DE MOS

 Aproveitando o valor pedagóxico e social das saídas, este venres 19 de maio, con motivo da celebración das Letras Galegas, todo o cole achegámonos á nosa contorna máis próxima para gozar do espectáculo visual "Con area cousas debuxo", no que o artista mosense Marcos Escudero contounos contos, historias do pobo galego e das nosas letras a través da técnica sand painting ou pintura sobre area, acompañado de música e narrativa.

Este espectáculo visual con area e luz fusiona varias técnicas (sombras chinas, cómic, animación...) para contarnos historias a través das imáxenes que crea con area sobre o cristal dunha caixa de luz.

As historias crean vida propia e o artista introduce variacións para personalizalos e adaptalos ao público. Os debuxos aparecen e desaparecen, a través de movementos e cambios máxicos que os transforman. Toda unha marabilla!.

Despois do espectáculo, tivemos unha xornada de convivencia no entorno do Pazo de Mos e voltamos ao cole xunto cos nosos padriños e madriñas lectores.

Unha xornada moi enriquecedora, didáctica e divertida!















Comentarios