Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta valores

CHARLAS COA PROTECTORA "OS BIOSBARDOS"

Imaxe
 O pasado 28 e 31 de maio todas as aulas recibimos a visita de Eva, voluntaria da Protectora de Animais "Os Biosbardos",   quen nos contou moitas cousas sobre esta asociación e a súa importante labor, que non é outra que rescatar, rehabilitar, coidar e buscar unha adopción responsable para todos os animais que van parar ao refuxio, como foi o caso de "Chino" , o seu can.  Ensinounos a súa equipada mochila, con todos os accesorios importantes para o coidado deste animal, así como o aparello necesario en caso de perda ou extravío, para poder localizalo. Tamén contounos "A historia de Parche" , un emotivo conto para todos os públicos que relata a historia deste can, un novo podenco que busca algo que descoñece por completo... a felicidade. Pero esta historia ben podería ser a de calquera dos que están no refuxio, axudando así a crear conciencia no noso alumnado e invitando a reflexión e a o debate. MOITAS GRAZAS EVA pola túa entrega e pola túa contribución ...

COLABORAMOS COA PROTECTORA DE ANIMAIS "OS BIOSBARDOS"

Imaxe
Un dos principais obxectivos do noso PDI deste curso "Seguindo as pegadas" é concienciar ao noso alumnado dos dereitos dos animais e do respecto e coidado de todos os seres vivos, desenvolvendo así a  capacidade de poñernos no seu lugar, polo que, como parte do proceso final, estamos a colaborar coa protectora de animais "Os Biosbardos" (Ponteareas), unha asociación sen ánimo de lucro que pon o seu gran de area para intentar facer un mundo máis respectuoso co medio natural e social. E para iso, precisamos de toda a vosa colaboración! Os vindeiros 28 e 31 de maio, acudirán ao centro para ofrecer unhas charlas educativas a todo o noso alumnado, e nós podemos colaborar con eles doando comida de calquer tipo para cans e gatos (preferiblemente pienso para gatos e cans cachorros).  A data máxima será o luns 31 de maio, e podedes depositar as vosas doazóns na entrada do centro.  O alumnado está tan concienciado que algunhas aulas (como as de 4 anos), están facendo campaña...

WEBQUEST:XANEIRO, MES DE PAZ

Imaxe
O Equipo de Biblioteca elaborou unha Webquest sobre a conmemoración do día 30 de Xaneiro "Día Escolar da Non-Violencia e da Paz". A investigación que tendes que realizar, ratiños e ratiñas de biblioteca, centrarase en tres bloques: Cuestións acerca do Día Escolar da Non-Violencia e da Paz Cuestións acerca do venta de armas no mundo e a pobreza. Cuestións acerca de reflexións e poemas sobre a Paz. Premede na foto dos ratiños para iniciar a vosa investigación

XANEIRO: PAZ E NON VIOLENCIA A TRAVÉS DA MÚSICA

Do documental "Playing for change:peace throuhg music" (Tocando para o cambio:PAZ a través da música) atopamos esta fermosa canción "Stand by me" interpretada por músicos da rúa de todo o mundo.

LIBROS PARA A PAZ E A NON VIOLENCIA

Imaxe
Coincidindo coa celebración do día da PAZ no BAÚL DOS CONTOS apareceu unha fantástica sorpresa,unha CARTEIRA DE VALORES . Once libros cargados de sentimentos,valores e aspectos positivos. Arroz e tinta Quen necesita un sombreiro máxico? Nenas e nenos de todo o mundo. Un día de caca e vaca. Os gardiáns do bosque. Armada até os dentes. O marciano Marcial. A bruxa enrabechada. A bruxa que comía as palabras bonitas. Corre,Sebastián,corre! Xogo e aprendo.(Neste último libro da maleta atoparás atividades interesantes sobre cada unha das historias anteriores) Están á vosa disposición na BIBLIOTECA. PINCHADE NA FOTO E LEREDES AS OPINIÓNS LECTORAS DOS NENOS E NENAS DA ESCOLA ACERCA DESTES LIBROS.

PELÍCULAS CON SENSIBILIDADE

Imaxe
Con motivo do DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA,proxectaremos na biblioteca "EN EL MUNDO A CADA RATO". Seleccionamos a historia de Binta,unha nena que nos levará a coñecer a realidade de África desde os seus ollos de nena e a de Ravi, neno indio que nos mostrará a súa ilusión por ir a escola e participar no baile de fin de curso. PINCHA NA FOTO PARA SABER MÁIS COUSAS DA PELÍCULA.

VÍDEOS PARA A PAZ E A NON VIOLENCIA

Vídeo da iniciativa dun cole de Cantabria polo DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA.Saíron á rúa e regalaron abrazos.........GRATIS!!! CONTRA A VIOLENCIA.....MOITO,MOITO....AMOR.