Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2010

LIBROS PARA PASALO DE MEDO!

Imaxe
Así titulamos a exposición que podes visitar na biblioteca nestes días próximos ao Samaín. É unha selección de materiais co MEDO como protagonista... pero MEDO dese que fai que o pasemos moi ben. Así que agardamos aos ratiños lectores máis osados do colexio, temos para vós pelis, contos, cómic...de todo un pouco para pasar a festa do samaín entre lecturas.

APERTURA DE CURSO NA BIBLIOTECA

Cun pouco de retraso comezamos a actividade no blog da biblioteca e como en cursos anteriores o mes de outubro chega cheo de actividade. Ratiño e Ratiña enviaron varias cartas, unha delas é na que anunciaba a chegada das Mochilas Viaxeiras para os cursos de Educación Infantil 5 anos, 2º, 4º e 6º de Primaria. Deixámosvos a continuación a curtametraxe baseada na historia titulada "A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO" , que foi escrita por José Saramago . Poderán gozar con ela os nenos e nenas de 4º xa que está incluída nun dos materiais da mochila en formato audio-libro. A banda sonora foi escrita e dirixida por Emilio Aragón Este é só un exemplo pero estamos seguros de que o resto dos materiais serán tamén de moito interese para as familias. Saudiños de comezo de curso e a gozar coas lecturas en familia!