MAIO MES DAS LETRAS 2022

 Este ano, celebramos o Día da Letras Galegas rendindo homexe á figura de Florencio Delgado, a través de diversas propostas de actividades organizadas polo EDLG:

- CONSULTAMOS MATERIAL:  durante todo o mes de maio, está a disposición dxs alumnxs diferentes referencias bibliográficas (e tamén recomendación de webgrafía como por exemplo http://seminariogalan.org/) que xiran en torno á vida e obra do autor.



- ILUSTRAMOS A BIOGRAFÍA DO HOMENAXEADO: entre todas as aulas, facemos unha ilustración da súa biografía simplificada, a través da técnica do collage ou a fotomontaxe, para facer unha exposición no corredor.





- XOGAMOS COS SEUS POEMAS: realizamos xogos a través dos seus poemas, completando os ocos que faltan de cada un. Ademais de completar o final de cada verso, o alumnado debe localizar o título do poema e colocalo sobre o poema correspondente, traballando de forma lúdica as súas creacións poéticas.




- SOMOS POETAS DA AXENDA 2030: o homenaxeado inspirouse para moitos dos seus poemas na natureza. Por iso, en relación co noso PDI de centro "Estamos Aquí", realizamos por aulas acrósticos a partir das iniciais do seu nome e apelidos, tendo como inspiración os citados obxectivos. 






- PODCAST ALUMNADO DE 6º: O alumnado de 6º A realizou un podcast sobre Delgado Guirriarán, o máis especial, xa que é o derradeiro programa do seu canle radiofónico Cadea 18.



Gran traballo!!

Comentarios