Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2021

DIA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Imaxe
 Nesta data tan sinalada no calendario escolar, seleccionamos lecturas relacionadas coa temática co fin de que os nosos espazos sexan axeitados para todxs, onde o benestar físico e emocional, a convivencia, a solidaridade e a promoción dunha cultura democrática e pacífica sexan os piares do noso día a día.

MOCHILAS VIAXEIRAS

Imaxe
Un ano máis, as mochilas viaxeiras botaron a andar polas casas de todas as aulas o pasado trimestre, cheas de recursos diversos e inclusivos, cun prazo máximo dunha semana. Na etapa de Educación Primaria, as mochilas levan os seguintes recursos bibliográficos: educación emocional, narrativa nos diferentes idiomas (galego, castelán e inglés) e cómic. Na etapa de Educación Infantil, conteñen contos das seguintes seccións: valores e/ou educación emocional e narrativa (nos diferentes idiomas). Como novidade este curso, no contido das mesmas ofrécese unha proposta artística extraída do libro "Dibuja, pinta e imprime como los grandes artistas", que está tendo moito éxito. Agardamos que estedes gozando en familia con elas, e recordade respectar os prazos para que todxs teñades as mesmas oportunidades de gozo e lecturas.

NOVIDADES BIBLIOGRÁFICAS XANEIRO

Imaxe