Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2022

CLUB LECTOR

Imaxe
 Este curso volveu o Club Lector! nesta ocasión da man de alumnado voluntario de 6ºA e de 6ºB a través das obras "A señorita Bubble",  de Ledicia Costas (Editorial Xerais) e "A evolución de Calpurnia Tate",  de Jacqueline Kelly (Editorial Kalandraka). A través das súas reunións lectoras, foron descubrindo estas dúas obras que ben seguro deixaron pegada nos/as nosos/as lectorxs.

A DIVERSIDADE NON É UN CONTO

Imaxe
A vindeira semana o noso alumnado ten unha cita moi especial coa escritora (e a nosa teacher) Alba Alonso Feijoo para realizar a presentación do seu último libro " E ti, quen vés sendo?", aproveitando dúas datas tan importantes como a Semana do Libro (18-22 de abril) e o Día Internacional Contra o Acoso escolar (2 de maio) para realizar esta actividade. Unha presentación onde, ademáis de coñecer aspectos e labores tan importantes que ten que levar a cabo un/uhna escritor/a, abordaremos a temática do bullying en forma de charla-obradoiro. Durante 3 días, por aulas gozarán deste encontro coa escritora (e que aquí vos mostraremos). Porque cando traballamos a diversidade (tamén a diversidade de xénero) como a valía que é e todo o que pode aportar, o acoso non terá cabida nos nosos centros. Porque a diversidade non é un conto. Ven e que cho conten!

NOVIDADES

Imaxe
Presentamos as novidades que xa podedes atopar na biblioteca, nesta ocasión seleccionadas para as conmemoracións próximas do inicio do mes de maio: 1 de maio: Día do Cómic 2 de maio: Día Internacional Contra o Acoso Escolar Agardamos que vos gusten!

LIBROS PARA CAMBIAR O MUNDO

Imaxe
 En relación á conmemoración relacionada coa "Semana do Libro" (18-22 de abril) e ao longo deste último trimestre, para dinamizar as horas de ler, levaremos a cabo a seguinte actividade chamada "Libros para cambiar o mundo" , co obxectivo de empregar as lecturas como unha ferramenta para alentar ao alumnado a interactuar cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, a través dunha lista que libremente crearán e relacionarán con cada un dos 17 ODS. Ratiña e Ratiño agardan emocionadxs de ver as listas de lecturas relacionadas cos ODS nos murais expostos no exterior da biblioteca. Aquí unha mostra do ben que van a nosas lecturas

HAIKUS POLA NOSA TERRA

Imaxe
 Hoxe, no Día da Terra , inauguramos a exposición dos Haikus no corredor de acceso á biblioteca, os cales elaboramos con motivo do Día Mundial da Poesía. Estes breves poemas xaponeses foron creados polo noso alumnado inspirándose na contorna próxima, cos cales traballaron, entre outros moitos aspectos, a expresión literaria e o desenvolvemento da creatividade. Un día para celebrar a natureza, a biodiversidade e a beleza do noso planeta con esta exposición de HAIKUS POLA NOSA TERRA. 

NOVIDADES ABRIL

Imaxe
 Seguimos con máis novidades para as diferentes seccións da biblio. Agardamos que vos gusten!