Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2023

PRESENTACIÓN DO CONTO "A PEDRA VERMELLA"

Imaxe
 Este mércores, con motivo da celebración do Día Internacional do Libro , tivo lugar na nosa biblio a presentación literaria da obra ilustrada "A pedra vermella" , de Sonia Blanco Sío (mosense), con ilustracións de Miguel Golmayo Labrador, á cal asistiu todo o alumnado do centro. Ademáis de veciña, Sonia é familiar dun compañeiro do cole, da aula de 5 anos A. Por iso foi unha visita ainda máis especial!. Sonia contounos como este conto saíu á luz e fíxonos un contacontos desta conmovedora historia sobre a familia que transmite un mundo de sentimentos e emocións.  Agora nós xa temos tamén a nosa pedra vermella.

NOVIDADES ABRIL II

Imaxe

BIBLIOPATIO MUSICAL

Imaxe
Na  Semana do Libro (17-23 de abril) demos comezo a nosa Bibliopatio Musical. Cunha entrada de balde para todxs, gozamos no patio de música en directo a cargo dos artistazos do cole, agasaiándonos cos seus talentos musicais. Esta proposta que durará todo este mes de abril, consiste en gozar da música durantes uns minutos no patio en diferentes días da semana. Porque a nosa bibliopatio da para moito e a nós encántanos dacarlles moito pero que moito partido. Nesta primeira semana de Festival da Música , actuaron con diferentes instrumentos Martín, Lucía (6º EP), Leo, Yago, Xián, Dante, Jana e Leire (2ºA), Hugo B., Ainara F., e Lucía (4ºEP) Aquí vos deixamos unha mostra!

FORMACIÓN DE USUARIOS II

Imaxe
 Nova xornada de formación de usuarios para o profesorado. Nesta ocasión, experimentamos novamente a través da realidade aumentada , do pensamento computacional (robótica e xogos de mesa), da linguaxe de programación (makey, makey) e cos novos xogos de mesa para desenvolver as competencias matemáticas e lingüísticas. Aprendizaxe, diversión e convivencia a partes iguais! Agora xa estamos listos para formar ao noso alumnado e empregar estos novos recursos da nosa biblio.

PODCAST SEMANA DA PRENSA

Xa poidedes escoitar o podcast das noticias grabadas polas diferentes aulas con motivo da   Semana da Prensa, realizando así o reto consistente en buscar ou inventar novas relacionadas  con algún dos ODS (preferentemente onde as protagonistas foran mulleres). Agardamos que vos guste!

NOVIDADES ABRIL

Imaxe