Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2020

EXPOSICIÓN SAMAÍN

Imaxe
 Ratiño e Ratiña de biblioteca xa están preparados para contar historias de medo e votar a rir!  Esperámosvos na biblioteca para coñecer, contar, ler e gozar destas lecturas en tempos de Samaín.

SERVIZO DE PRÉSTAMO DE RECURSOS ÁS FAMILIAS

Imaxe
Este curso, e dada a situación e as restricións coas que contamos, de momento a nosa biblioteca permanecerá pechada en horario extraescolar, ata que a situación se resolva, pero dende o centro queremos fomentar o uso da mesma para poder seguir gozando dela.  Así, ademáis doutras actividades de dinamización e colaboración que iremos publicando, ofrecémosvos o SERVIZO DE PRÉSTAMO a través de peticións previas mediante o noso enderezo electrónico: bibliotecamestremartinezalonso@gmail.com.  Premando na imaxe que figura a continuación, podedes consultar o listado dos fondos dispoñibles para adultos e que poden ser do voso interese, os cales iremos ampliando conforme vaiamos obtendo novas adquisicións. Este enlace quedará recollido na barra lateral deste blog.

NOVIDADES

Imaxe
 Estas son as novidades que xa podedes atopar nos andeis correspondentes.

NOVO BUZÓN DE SUXESTIÓNS

Imaxe
 Familias, alumnado, mestres/as... Neste curso mudamos o noso buzón de suxestións físico por un virtual! A vosa opinión é moi importante, por iso invitámosvos a que nos acheguedes todas esas ideas, peticións de novos recursos, suxestións de actividades ... a través do correo electrónico da biblioteca (bibliotecamestremartinezalonso@gmail.com) , onde Ratiño e Ratiña estarán moi atentos para anotar e responder as vosas suxerencias. As achegas poden facerse en calquera  formato (escribir texto, imaxe/foto, audio, video...), tanto en horario escolar como extraescolar.

ABRIMOS AS NOSAS PORTAS. CURSO 2020-2021

Imaxe
Con moita ilusión, esta semana as portas da nosa biblioteca volven a abrirse, ainda que con certos cambios no funcionamento dos espazos e do emprego dos recursos. Estaremos abertos en horario lectivo para que todas as clases teñan o seu momento de biblioteca, así como de préstamo de aula e individual. Aquí vos deixamos as principais ideas e imaxes do noso protocolo de acceso e uso da biblioteca: Agardamos que a biblioteca escolar siga sendo un espazo de encontro, investigación e moitas lecturas! Poderedes ir accedendo as nosas novidades tanto a través de este blog, como das redes sociais do cole:  Twitter, Instagram e Facebook. Estade moi atentxs que axiña volveremos con novidades... "Sempre imaxinei que o paraíso sería un tipo de biblioteca" JL Borges FAGAMOS, ENTRE TODXS, QUE A NOSA BIBLIOTECA SIGA SENDO UN LUGAR MARABILLOSO.