Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2015

NOVEMBRO, MES DA TRADICIÓN ORAL.

Imaxe
Ola de novo, amiguiñxs! Ratiño e Ratiña voltamos con novas para o mes de novembro.  No vindeiro mes propoñémosvos a todxs: nenxs, nais, pais, avoas, avós, bisas, tátaras, profes, everybody, que participedes nunha actividade para conmemorar o fenómeno cultural da tradición oral . A tradición oral, é un xeito de transmisión cultural das tradicións dun pobo mediante relatos, contos, fábulas, conxuros, cancións, trabalinguas, etc. Esta transmisión faise de pais a fillos nun regueiro de xeracións que herdan sabiduría que combate co tempo. E como nós estamos a favor de todo tipo de transmisión cultural, dende o Equipo de Biblioteca queremos convidarvos a que a cultura local non desapareza mediante unha actividade para a que necesitamos da vosa colaboración. O noso colexio, a pesares dos cambios na súa estructura, albergou os ruidosos e cantareiros pasos de varias xeracións. Formade parte da historia do cole con esta expo para a lembranza!! Aquí vos deixamos colga

#DMPC

Imaxe
Ola a todxs , rapaces e rapazas do cole. Hoxe, foi un día moi sinalado no noso colexio, e nós, Ratiño e Ratiña , nos enteramos dunha actividade que fixeron os nenos de 6º curso que vaga a pena mencionar. Todxs vós, estades moi ao tanto das novas en tecnoloxía, comunicacións e redes sociais. E sí, xa sabemos, vos encantan !! Por este motivo, seguramente saberedes o que é un hashtag ... Efectivamente... # Todo o que vai seguido desta icona, simboliza unha idea que quero destacar e agrupar na rede para que todo mundo teña acceso a ela, para darlle visibilidade. Pois ben, dende os cursos de 6º, hoxe mesmo, pola mañá, traballaron co seguinte hashtag: #DMPC E que significa este hashtag? Pois é o recordatorio dunha data moi sinalada que todos nós deberiamos ter moi en conta:  o Día Mundial pola Parálise cerebral .   Miles de persoas inundan hoxe as redes sociais con selfies co hashtag, ou ben con estas pulseiras que simbolizan a concienciación nest

EDITORIAIS CANTONEIRAS E MÁIS PISTAS SOBRE O PDI.

Imaxe
Ola a todxs , mozos e mozas! Cómo vos vai? Dende a biblioteca queremos facer un par de avisos para que estedes enterados das últimas novas.  Primeiro que nada, contarvos que xa estades a desfrutar da labor feita o ano pasado dende "Editoriais Cartoneiras" . Trátase dos libros que están nos pasillos do cole. Sabede que podedes facer uso deles na hora de ler ou no momento que desexedes, sempre que os coidedes e deixedes ordeados no mesmo lugar ode se atopan. Nós, Ratiño e Ratiña , xa comprobamos que algúns de vós estades enganchados aos novos libros de moda no CEIP Mestre Martínez!! :) Esperamos que disfrutedes deste material inédito e inigualable! Deixámosvos estas imaxes dos pasillos do cole para que localicedes estes tesouros de papel. E ademais, unha nova que vos vai facer botar fume pola orellas!!!  Na biblio temos unha sección de libros NOVOS coa temática do Proxeto Documental Integrado deste ano!!!! Soamente vos tedes que pasar po