Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta nadal

UN NADAL ESPECIAL

Imaxe
Nesta época tan especial do ano, a nosa biblioteca converteuse nun punto de encontro para o alumnado, as familias e o profesorado.  Organizamos no centro unha serie de actividades para celebrar o Nadal en comunidade e encher o centro de espírito festivo. 1. Obradoiro de Nadal en familia: unha tarde especial onde realizamos diferentes manualidades en diferentes espazos, entre eles a bilioteca ou a Aula do Futuro, para decorar o noso centro, tanto a entrada e corredor principal como as árbores. Este obradoiro foi unha marabillosa oportunidade para compartir momentos en familia e reforzar os lazos entre a comunidade educativa. 2. Charla inspiradora:  as nosa ex alumna Irene Anta Pérez converteuse con 19 anos na directora da Rondalla Santa Eulalia de Mos,   unha agrupación musical que simboliza a esencia destas datas festivas, demostrando así que o talento, o esforzo e a paixón non teñen límites. Durante a súa charla, Irene compartiu connosco como a música e o traballo...

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

O Nadal é un momento especial para compartir, soñar e desfrutar en compaña das nosas historias favoritas. Desde a Biblioteca, Ratiña e Ratiño queremos acompañarvos nestas datas cunhas recomendacións lectoras pensadas para todas as idades . O noso obxectivo é que cada un e cada unha de vós atope o libro perfecto para desfrutar destas vacacións. Ademais, animámosvos a visitar a nosa biblioteca e explorar a nosa selección especial de lecturas de Nadal. Queremos desexarvos un Feliz Nadal e un Próspero Aninovo . Que estas festas estean cheas de ledicia, momentos compartidos e, por suposto, moitas lecturas que nos fagan soñar e medrar.

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Imaxe
  Coas vacacións de Nadal á porta, queremos recomendar, coma cada ano, unha serie de lecturas e xogos para estas festas, xa que son o momento perfecto para afundirse nun bo libro e deixarse levar pola maxia das palabras, así como para compartir risas e bos momentos ao redor dun xogo en familia ou coas amistades. Aquí tedes unha selección especial para todxs: Desexámosvos unhas felices vacacións de Nadal cheas de boas lecturas e momentos inesquecibles. Ata a volta!

O APALPADOR

Imaxe
Neste mes, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, realizamos unha pequena exposición da figura do Apalpador no corredor principal do cole, con elementos e bibliografía propia para achegarnos a este tradicional personaxe galego nestas datas festivas. Ademáis, traballamos a canción de "O Apalpador" en LSE de Mamá Cabra, invitando ao noso alumnado a bailar e cantantar mentres seguimos aprendendo e xogando coa lingua de signos.

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Dende o equipo de biblio queremos compartir algunhas recomendacións de lecturas e xogos de mesa  para este Nadal e convidamos a nosa comunidade educativa a visitar nestas datas as bibliotecas e librarías da zona. Porque non hai mellor agasallo que facer e facerse a un mesmo que un xogo e/ou un libro.                                Felices festas!

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Nestas datas especiais deixamos as nosas suxestións para as vosas cartas de Nadal, con recursos para todxs! BO NADAL, FELIZ ANO E... FELICES LECTURAS!

CAMPAÑA DE NADAL: UN PLÁSTICO, UN LIBRO

Imaxe
 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL

Deixámosvos aquí as Recomendacións Lectoras para este Nadal, coas novidades e propostas interesantes da biblioteca para que podades gozar e compartir tempo de lectura nestas vacacións. Agardamos que vos gusten! BO NADAL E FELICES LECTURAS!

NESTE NADAL ADOPTA UN LIBRO

Imaxe
 Achégate á biblioteca nesta semana e adopta un máximo de dous recursos localizados nas caixas que atoparás no corredor de acceso á biblioteca.  Grazas a esta iniciativa, cada un dos libros expurgados tiveron unha nova vida nas mans do noso alumnado, deixando espazo nos estantes da biblioteca para os máis novos a actualizados.  Moi ledos e ledas foron para a casa cos libros elixidos por elxs para esta nova vida que volve a comezar.

RECOMENDACIÓNS LECTURAS NADAL.

Recomendacións Nadal 2019-20 by bibliotecamestremartinezalo... on Scribd DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA DESEXÁMOSVOS MOI BOAS LECTURAS DE NADAL!

BO NADAL

Imaxe
DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA QUEREMOS DESEXAROS UN BO NADAL E NON OLVIDAR QUE NON HAI MELLOR REGALO QUE UNHA FASCINANTE  AVENTURA PLASMADA NUN LIBRO!

FELICITACIÓN DE NADAL

Imaxe
O EQUIPO DE BIBLIOTECA QUEREMOS FELICITAR O NADAL COA POSTAL GAÑADORA DO CONCURSO FEITO EN PRIMARIA.

MERRY CHRISTMAS...

Imaxe
Deixámosvos este ano unha fermosa historia de nadal que vos vai facer aplicar os vosos coñecementos de inglés Aproveitamos para felicitar a toda a comunidade escolar FELIZ NADAL!!

A NOSA CARTA DE NADAL

Imaxe
Mos, 21 de decembro de 2010 Queridos Reis Magos, Papá Noel, Apalpador e outros personaxes encargados de traer os regalos aos nenos e nenas no nadal, Escribo esta carta para contarvos que son un verdadeiro ratiño de biblioteca así que acertardes de seguro se neste nadal axudades a aumentar a miña biblioteca particular. Que vos parecen as seguintes suxerencias: Un conto de piratas, de princesas, de bruxas... Ou un libro de animais, do espazo, do fondo mariño, do corpo humano, de plantas... Ou unha película de misterio, de amizade, de aventuras... Ou un disco de cancións de nadal, de cancións para nenos, de música clásica, de músicas de outros países... Ou un documental que fale da vida nos mares, das viaxes espaciais, das viaxes das aves... Un xogo de ordenador que nos divirta e nos faga pensar... Tal vez consigades que papá, mamá ou algún familiar amable me leve de visita á biblioteca municipal de Mos, de Porriño ou de Redondela. Seguro que o pasamos moi ben toda a familia na biblioteca...

O APALPADOR EN VIGO

Imaxe
Atención nenos e nenas! este xoves tendes unha cita moi especial ás 6 da tarde en Vigo con, nen máis nen menos que co APALPADOR . Neste acto organizado pola sociación AGARIMAR haberá música, agasallos para os pequenos e pequenas... Será unha verdadeira festa! Quen se anima?
Imaxe
O A P A L P A D O R Os nenos e nenas do colexio andan a descubrir a figura do "Apalpador", un personaxe que vive nas montañas do Coural e que no nadal baixa a apalpar a barriguiña dos rapaces para ver ser cearon ben e se están durmidos. Se esto é así, o apalpador déixalles unhas castañas e xoguetes. Na biblioteca acabamos de recibir os libros "O Apalpador" da editorial Biblos e "Antón e O Apalpador" da editorial Barafunda. Son a nosa máis especial recomendación para este nadal que comeza.

AS LINGUAS DA ESCOLA

REGALO DE NADAL

QUEREMOS OFRECERVOS UN REGALO DE NADAL APROVEITANDO QUE REMATA O ANO ADICADO AO 150 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DO COMPOSITOR GIACOMO PUCCINI. AQUÍ TENDES UN FRAGMENTO DA ÓPERA MADAME BUTTERFLY, SABEMOS QUE OS RATIÑOS E RATIÑAS DE BIBLIOTECA DA NOSA ESCOLA TEÑEN MOITA SENSIBLIDADE E PODERÁN APRECIAR A BELEZA DESTE FRAGMENTO OPERÍSTICO. FELIZ NADAL!

FELIZ NADAL

Imaxe
RATIÑO E RATIÑA DE BIBLIOTECA POSARON ASÍ DE GUAPOS PARA FELICITAR O NADAL A TODOS OS NENOS E NENAS DA ESCOLA, E COMO NON, ÁS SÚAS FAMILIAS. O SEU DESEXO É QUE O ANO QUE COMEZA ESTÉ CHEO DE BOAS LECTURAS..

CARTA PARA PAPÁ E PARA MAMÁ

Imaxe
Blibliotequix a 21 de decembro de 2007 Queridos papás e mamás destes nenos e nenas guapísimos,alumnos todos do colexio Mestre Martínez Alonso, Envíovos esta carta para que este ano cando escribades aos Reis Magos lembredes que un libro ou un CD de música tamén poden ser un estupendísimo regalo de nadal. A todos os nenos e nenas da nosa escola encántanlle os libros e a música e seguro que estarían encantados de que o día de Reis deixaran un aos pés da súa cama. Este Rato de biblioteca tamén quere animarvos a que acerquedes aos vosos fillos aos espectáculos que se van a levar a cabo no concellode Mos.Aquí tendes o horario de algún deles: SÁBADO 22 DE DECEMBRO: Papá Noel estará no Pavillón de Deportes a partir das 17:00 e haberá unha gran festa con obradoiros e xogos para todos. DOMINGO 23 DE DECEMBRO: Podedes asistir ao Concerto de Nadal que haberá no Multiusos ás 18:00h. XOVES 27 DE DECEMBRO: Títeres no Multiusos ás 18:00h. SÁBADO 29 DE DECEMBRO: Títeres no Multiusos ás 18:00h. ESTE...