30 DE XANEIRO: PALABRAS QUE CONSTRÚEN PAZ
Con motivo da conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz (DENIP) , a Biblioteca Escolar quixo sumarse activamente a esta data tan significativa converténdose, unha vez máis, nun espazo de reflexión e encontro. Durante a semana, púxose a disposición da comunidade educativa unha exposición de fondos bibliográficos relacionados coa paz, a convivencia, a resolución pacífica de conflitos e o respecto á diversidade , entendendo a lectura como ferramenta fundamental para educar na empatía e no pensamento crítico (ALFIN). Porque aprender a vivir en paz tamén se constrúe entre páxinas. Ademais, colaborando co Equipo de Convivencia e Benestar do centro , desenvolveuse un acto conxunto no que o alumnado do Club de Convivencia Igualitaria explicou o significado desta data e lembrou que a paz é unha tarefa diaria que se constrúe con palabras, actitudes e decisións conscientes. O acto culminou cun desfile polo centro , no que cada aula amosou carteis con lemas a prol da paz, cone...