Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta bibliopatio

BIBLIOPATIO INFANTIL

Imaxe
 Compartimos un dos últimos espazos dos que dispón o alumnado de Educación Infantil: a bibliopatio. Tras o éxito no patio de Educación Primaria, ampliamos este recuncho para tamén os/as máis peques do cole, para gozar da lectura ao aire libre, nun entorno natural e tranquilo. Aquí, baixo a sombra das nosas árbores e/ou ao sol no noso espazo verde, poden escoller libros para gozar da lectura de forma individual ou en compañía. Tamén organizan as súas propias sesións de contacontos, estimulando así a súa imaxinación e creatividade e fomentando a socialización entre iguais. Un espazo onde, lectura e natureza van da man.

A BIBLIO NOS RECREOS

Imaxe
Neste curso, voltamos coa apertura dos recreos na biblio ! Todas as semanas, os luns, mércores e venres, o alumnado de Educación Primaria, pode gozar deste intre no espazo da biblio, acompañado cada día por compañeirxs de 5º e 6º de EP pertencentes ao Equipo de Voluntariado, quenes desenvolven unha gran labor. Neste momento, poden, desde pasar o tempo de lecer coa compañía dun bo libro ata gozar dos espazos de xogo, experimentación e creación. Tamén, ao longo do curso, levaranse a cabo propostas diversas, como poden ser obradoiros no espazo creativo, para dinamizar máis activamente este momento. Outra das propostas que segue en marcha e que se oferta todos os luns no patio de primaria é a Bibliopatio, un espazo ao aire libre onde o alumnado pode gozar da natureza mentres len, comparten ideas ou simplemente reláxase nun ambiente máis tranquilo.

PODCAST BIBLIOPATIO MUSICAL

  Con motivo da Semana do Libro , que xa mostramos en entradas anteriores, durante todo o mes de abril a Bibliopatio encheuse de música grazas ao noso alumnado que quixo compartir as súas destrezas musicais.  Neste Podcast podedes escoitar unha pequena mostra de todo o talento musical que temos no cole.

BIBLIOPATIO MUSICAL (PARTE II)

Imaxe
Aquí mostramos as actuacións da segunda semana da Bibliopatio Musical a cargo de: Carmen Miguélez, Álex e Denís (4º EP), Javier Muiños, Thais, Javier Alonso, Iván, Gael, Antón, Daniel e Ada (5º EP). Grandes artistazxs que temos neste cole!  Grazas a todxs por colaborar nesta iniciativa de fomento da linguaxe musical, do aprendizaxe colaborativo, da creatividade e a inclusión, obxectivos da nosa biblioteca escolar. Agardamos que gocedes de novo coas súas actuacións. Ben seguro que repetiremos pronto. Ata a próxima!

BIBLIOPATIO MUSICAL

Imaxe
Na  Semana do Libro (17-23 de abril) demos comezo a nosa Bibliopatio Musical. Cunha entrada de balde para todxs, gozamos no patio de música en directo a cargo dos artistazos do cole, agasaiándonos cos seus talentos musicais. Esta proposta que durará todo este mes de abril, consiste en gozar da música durantes uns minutos no patio en diferentes días da semana. Porque a nosa bibliopatio da para moito e a nós encántanos dacarlles moito pero que moito partido. Nesta primeira semana de Festival da Música , actuaron con diferentes instrumentos Martín, Lucía (6º EP), Leo, Yago, Xián, Dante, Jana e Leire (2ºA), Hugo B., Ainara F., e Lucía (4ºEP) Aquí vos deixamos unha mostra!

VOLVE A BIBLIOPATIO E O BUZÓN DE SUXESTIÓNS

Imaxe

A BIBLIOPATIO

Imaxe
A nosa Bibliopatio xa volve estar en pleno funcionamento!  Este carriño tan xeitoso paséase dous días á semana no momento de recreo no patio de Educación Primaria, ofrecendo lecturas para quen queira gozalas, a solas o en compañía, nestes momentos de ocio e lecer, fomentando así o hábito lector tamén no noso entorno máis lúdico e libre.

BIBLIOPATIO

Imaxe
Calquera espazo e momento é bo para una boa lectura, só ou en compañía.  Unha das imaxes que nos deixa un venres coa nosa Bibliopatio.