Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2016

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

Como este curso estamos moi deportistas as recomendacións lectoras para este nadal teñen como centro de interese o deporte, agardamos que Apalpador, Papá Noel ou Reis Magos teñan en conta que todos os nenos e nenas desta escola son grandes lectores e inclúan un libro entre os agasallos! Feliz Nada! Rec. Color Nadal Lect. Olímpicas c.16-17 by bibliotecamestremartinezalonso413 on Scribd

TRANSEXUALIDADE

Os nenos e nenas de sexto de primaria asistiron a unha clase moi especial preparada pola nosa alumna en prácticas Lara Pereira Fernández. Lara intentou sensibilizar ao noso alumnado sobre a problemática coa que se atopan os nenos e nenas transexuais. Preparou o seguinte documento que desde a biblioteca queremos compartir con tod@s. Tamén nos animamos a visitar o noso andel azul clariño na biblioteca escolar onde atoparedes un montón de recursos para traballar as diferenzas.  Tod@s diferentes, Tod@s iguais! A Transexualidade by bibliotecamestremartinezalonso413 on Scribd Tamén queremos animarvos a ver o documental El Sexo Sentido para coñecer máis de preto esta realidade, premede no enlace para poder ver o documental. http://www.rtve.es/noticias/documentos-tv/reportajes/sexo-sentido-transexualidad-menores/