Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2017

FELICITACIÓN DE NADAL

Imaxe
O EQUIPO DE BIBLIOTECA QUEREMOS FELICITAR O NADAL COA POSTAL GAÑADORA DO CONCURSO FEITO EN PRIMARIA.

"SE TI LES...ELAS Y ELES LEN"

Imaxe

"RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL"

Imaxe
OLA FAMILIAS, DEIXÁMOSVOS COAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO NADAL!

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Imaxe
HOXE O ALUMANDO DE 3 E 4 ANOS DE EDUCACIÓN INFANTIL TIVERON A OPORTUNIDADE DE PARTICIPAR NUN CONTANCONTOS ORGANIZADO POLO CONCELLO DE MOS SOBRE O NADAL.

VISITA NA BIBLIOTECA!

Imaxe
Este mércores 29 de novembro tivemos a visita de Francesca López D'a Silva para presentar aos nenos e nenas de 4º o seu libro "Nerón, o canciño que roda por Vigo" Ed: Elvira. Quedamos encantad@s de que viñera a falarnos do seu libro. Foi tal éxito a súa visita que incluso tivo que asinar autógrafos!

"OS ABRAZOS"

Imaxe
OS ABRAZOS SON ALGO QUE SE DAN E RECIBEN SEN PENSAR, PERO AQUÍ TEDES UNHA MOSTRA DOS SEUS BENEFICIOS ASÍ COMO TAMÉN UN LIBRO CO QUE PODEDES POÑELOS EN PRÁCTICA.

"NOVOS PRÉSTAMOS"

Imaxe
XA TEDES Á VOSA DISPOSICIÓN AS NOVAS ADQUISICIONS DA BIBLIO DO NOSO CENTRO RELACIONADOS COA EDUCACIÓN EMOCIONAL.

25 DE NOVEMBRO

Imaxe
25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO! Aquí vos deixamos a canción escollida este curso para berrar ben alto que non aceptamos nengún tipo de violencia contra as mulleres. Hoxe animámosvos a que abramos todos e todas unha porta violeta que nos leve a un espazo de seguridade!

CANCIÓNS PARA O MES DE NOVEMBRO

Imaxe
Encántanos esta canción "Son Muller" e estás chicas que son: "Máis boas cas patacas" gañadoras na categoría infantil dos premios Quero cantar  

RINCÓN DE LECTURA INFORMATIVA NO CORREDOR PRINCIPAL

Imaxe
"A AUGA NO ENTORNO" Os nenos e nenas de 2º de primaria crearon un espazo lector no corredor cos traballos de campo que realizaron coas implicación imprescindible das súas familias acerca da presenza da auga no entorno máis próximo. Un montón de imaxes e información sobre este elemento imprescindible para a vida dos seres vivos e dos lugares onde podemos atopala no espazo que nos rodea. Animádevos a visitar este rincón e a gozar coa lectura! 

"CONTACONTOS NA BIBLIO"

Imaxe
O LUNS 6 DE NOVEMBRO AS AULAS DE INFANTIL GOZARON DUN CONTACONTOS ORGANIZADO POLO CONCELLO DE MOS SOBRE O OUTONO.

"COMEZA O PROXECTO"

Imaxe
NO FESTIVAL DE SAMAÍN DIMOS POR COMEZADO DE FORMA OFICIAL O PROXECTO DO NOSO CENTRO NESTE CURSO 2017-2018. DEIXÁMOSVOS CUN ENLACE AO VÍDEO DE PRESENTACIÓN DO MESMO.   "O PATIO QUE SOÑA-MOS"

"DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS"

Imaxe
Con motivo do "Día internacional das bibliotecas", deixámosvos cunha mostra de algunhas das bibliotecas máis sorprendentes que hai polo mundo. "LAS BIBLIOTECAS MÁS SORPENDENTES"

"NOVIDADES"

Imaxe
Xa temos na biblioteca expostas as novidades. Entre elas podedes atopar un sinfín de libros adicados á Educación emocional tanto para escolares como para as familias. Podemos gozar títulos de César Bona, Tonucci, Begoña Ibarrola ou Elsa Punset entre outros. Esperamos que sexan do voso agrado. Se tedes algunha suxerencia podedes deixala no noso buzón.                                                                                                            

"CONTRATOS FIRMADOS"

Imaxe
Xa están firmados os contratos da biblioteca escolar para o novo curso 2017/2018, polo que ratiño e ratiña poden descansar con tranquilidade.                                                                                            

APERTURA DA BIBLIOTECA ESCOLAR!

Imaxe
Por fin chegou o momento! Un novo curso escolar comeza e temos todo preparado na Biblioteca Escolar para que todos os nenos e nenas lector@s do noso centro comecen o préstamo. Temos a vosa disposición películas, libros, xogos de ordenador, música... Desde o luns poderedes facer préstamo na hora do recreo e ademais comezan tamén os préstamos nas horas que cada titoría teñen asigandas no horario. Ratiño e Ratiña de biblioteca tamén deixaron no buzón de novidades da biblioteca os carnés do alumnado novo no cole para que non quede ninguén sen poder facer o préstamo- Xa chegaron ás aulas os contratos do curso 2017/2018, lembrade que tendes que ler moi ben as condicións de préstamo e as normas da biblioteca para poder ser usuari@s xeniais, aquí están os pequenos de primaria lendo as condicións para asinar. FELIZ CURSO CHEO DE LECTURAS!

E CHEGARON AS PARALIMPÍADAS!

Imaxe
Como remate ao noso proxecto documental integrado mañán mércores celebraremos as nosas paralimpíadas contando cuns invitados/as de luxo, 16 usuarios/as de ACEESCA compartirán con nós o día e axudarannos a que todo saia ben actuando como verdadeiros representantes do Comité Olímpico Internacional. Mentras, hoxe, estivemos preparando as probas e ademais gozando coas últimas lecturas do curso, neste caso á sombriña no "xardín" da biblioteca A descrición das probas que se van celebrar durante as paralimpíadas son as seguintes: -        1. CARREIRA DE OBSTÁCULOS: Neste xogo o alumnado farase conta da importancia do sentido da vista e das dificultades e obstáculos que atopan as persoas invidentes no seu día a día. Alumnado de 6º: Preséntase e explica a dinámica do xogo. A continuación presenta ó/ós representante/s de ACEESCA (membros do COI). Dinámica: Nun circuito con conos espallados, os/as nenos e nenas terán que percorrelo cos ollos vendados. Non hai gañado

CARA AO FIN DO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO!

Imaxe
Na recta final do curso queremos informarvos dos acontecementos que aínda están por vir con respecto ao noso PDI sobe os Xogos Olímpicos. Hoxe publicamos @s gañador@s do último desafío olímpico, podedes comprobar se estades entre os premiados premendo no enlace: http://pdixogosolimpicos.blogspot.com.es/2017/06/ultims-ganadors-dos-desafios-olimpicos.html Ademais queremos informarvos de que o próximo mércores 21 de xuño celebraremos as Paralimpiadas que serán o broche final do noso proxecto documental integrado. Para esta celebración contaremos cuns invitados de luxo xa que usuarios e usuarias de ACEESCA participarán tamén neste evento deportivo. O pasado mércores os nenos e nenas de 1º levaron as invitacións, as bandeiras correspondentes aos países que representan cada clase do colexio e a antorcha o olímpica. Temos preparadas un montón de disciplinas nas que teremos que poñernos no lugar de persoas con diversidade funcional  e competir e gozar co deporte. Estamos

ESTAMOS DE ESTREA!

Imaxe
Por fin, recén saidiño do forno, aquí tendes o novo conto viaxeiro correspondente ao curso 2016-2017. Unha nova obra colectiva realizada polo alumnado do noso colexio. Este ano como novidade incluímos pictogramas para que sexa accesible a todo o mundo! C.v. C.16-17 Menos Pictos (1) by raquel on Scribd Na presentación tiveron un papel protagonista os nenos e nenas de 5º de primaria cun desplegue musical e teatral fantástico!

ABRIL, MES DOS LIBROS 2017!

Imaxe
Este curso iniciamos unha nova actividade para celebrar o Día Internacional do Libro, os Apadriñamentos Lectores. A actividade consistiu en que os nenos máis maiorciños da escola durante a hora de ler exerceran de padriños e madriñas lectoras para os máis pequenos. A iniciativa foi un éxito e quedamos con ganas de máis! Aquí quedan as imaxes dun momento lector máxico!