Ola, rapazada! Como vai ese inicio das clases? Seguro que estades encantados e ilusionados co novo curso... Moitos de vós andades a preguntarnos insistentemente polo proxecto deste ano. Tranquiliños todos!! Ratiño e Ratiña estamos a traballar duro para preparar un curso cheo de actividades chulísimas. Ímolo pasar en grande, coma todos os cursos pasados. E sí, haberá Proxecto Documental Integrado. Peeeeeeeeero... tic, tac, tic, tac,... Teredes que agardar ata o día de Samaín . Na festa máis terrorífica da escola vos anunciaremos a temática do novo proxeto deste ano. Pero..., supoñemos que queredes que vos adiantemos algunha pista . Claro! jajajajaja. Pois podemos dar unha pequeniña. O proxecto vai de..., algo presente en todo lugar e en toda época histórica. Está en todas as casas, nos libros, na biblio, nas clases,... Ai, que nervios! Deixámolo por hoxe, chicxs! Despedímonos cun pouco da maxia da biblioteca!! ATA PRONTOOOOO!!!
Publicacións
Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2015
O CONTO VIAXEIRO
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Ola a todos, razapada!! Este ano voltamos cunha actividade que sabemos vos encanta!! O CONTO VIAXEIRO!!! Coma noutros anos decidimos que é unha boa idea retomar unha das actividades máis chulas da biblio. Se tedes boa memoria, trátase de facer un conto entre todxs xs nenxs do cole. Para facilitarvos a labor, xa lles entregamos aos titores unha copia coa temporalización das tarefas. Teredes que continuar o conto que iniciará 6ºB o día 22 deste mes cun prazo máximo dunha semana para cada curso . Ademáis, para que quede moi moi chulo, ilustraredes a vosa parte do conto cunha imaxe representativa do voso relato. Podedes empregar aquelas técnicas de imaxe que máis vos gusten (puntillismo, raiado, colage, fotografía, acuarela, branco e negro,...). Creatividade ao poder!!! Aquí vos lembramos os turnos e as datas que vos corresponden. Ratiño e Ratiña estamos desexando ver a vosa creación e prometemos colaborar con vós encuadernando este trab
COMEZAMOS...
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Ola a todxs!!! Non sabedes que ilusión temos enriba, comezamos un novo curso!!! Benvidos todxs a este novo comezo. Outro ano escolar cos seus exames, cos deberes, coas broncas dxs profes,... E coa BIBLIOTECA !!!! A biblio é o mellor do cole, no te parece? Se eres desxs alumnxs que están desexando levar libros en préstamo, non te apures. O vindeiro mes de outubro a biblio volve a abrir as súas portas para que poidas levar o material que desexes. Lembra, de outubro a maio , terás a oportunidade de entrar no mundo de fantasía, diversión e acción que te oferta a nosa bibliteca. Nós, Ratiño e Ratiña , esperámoste con moitísimas novidades, así que estade atentxs! En breve vos deixaremos colgado o horario de atención. E para rematar por hoxe, deixámosvos un video dun cativo que chora cada vez que remata os contos. Pásavos igual? Ben sabemos que sí!!!!! Ata pronto!!