Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2009
MARZO VAI REMATANDO E A POESÍA SEGUE SOANDO ANTONIO MACHADO: nace en Sevilla (1875) y muere en Colliure Francia (1939). Era un gran poeta. Unos de los poemas que vimos fueron:"RECUERDO INFANTIL", "LA SAETA","ANOCHE CUANDO DORMÍA"y el que más nos gustó"CAMINANTE NO HAY CAMINO".Esa misma poesía y La Saeta la pudimos escuchar en la voz de Serrat.
MARZO, IGUALDADE O mes de marzo chega ao seu fin e nos queremos poñer como broche final aos traballos propostos desde o equipo de biblioteca o visionado dun vídeo moi especial. Ratiño e Ratiña de biblioteca estiveron moi atentos durante este mes a todo o relacionado coa igualdade entre homes e mulleres e queren mostrar á todos e todas que eles... SI SABEN COMPARTIR AS TAREFAS DE CASA!

MARZO POESÍA E IGUALDADE

Amancio Prada musica os versos do poeta de Álvaro Cunqueiro "Amiga, namorado vou" Ler e cantar versos, ratiños e ratiñas da escola, neste marzo cheo de igualdade e poesía... Por oír a unha rula decir de amor,amiga, namorado vou! Por mirar as cerdeiras como botan fror, amiga, namorado vou! Por verte e non te vere no verde prado, amiga, namorado vou! Porque non me non queres por teu namorado! amiga, namorado vou! - No vento pórei este meu lume novo porque ardan as rulas, as cerdeiras e todo! Amiga, namorado vou!

MARZO POESÍA E IGUALDADE

Poema de Antonio Machado musicado por Vicente Monera "Anoche cuando dormía" para celebrar este 21 de marzo "Día da Poesía" Anoche cuando dormía soñé, ¡bendita ilusión!, que una fontana fluía dentro de mi corazón. Di, ¿por qué acequia escondida, agua, vienes hasta mí, manantial de nueva vida de donde nunca bebí? Anoche cuando dormía soñé, ¡bendita ilusión!, que una colmena tenía dentro de mi corazón; y las doradas abejas iban fabricando en él, con las amarguras viejas blanca cera y dulce miel. Anoche cuando dormía soñé, ¡bendita ilusión!, que un ardiente sol lucía dentro de mi corazón. Era ardiente porque daba calores de rojo hogar, y era sol porque alumbraba y porque hacía llorar. Anoche cuando dormía soñé, ¡bendita ilusión!, que era Dios lo que tenía dentro de mi corazón.
MARZO, IGUALDADE: COMPARTIR É MÁIS QUE AXUDAR... Seguimos coa nosa serie de entradas adicadas á igualdade. Observade e reflexionade, está en mans de todos/as cambiar unha realidade que discrimina e condiciona ás mulleres.
Imaxe
8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER A realidade da discriminación das mulleres e das nenas no mundo obríganos a seguir reivindicando, non xa o día 8 de marzo, senón os 365 días do ano a igualdade entre homes e mulleres. Mentres as mulleres sigan cobrando menos por igual traballo, cargando co traballo no fogar, sendo obxecto de violencia machista, ocupando un número de postos directivos mínimo....sobrarán razóns para seguir celebrando esta xornada. Empregamos para ilustrar esta entrada o cartel realizado por Bea (IES Río Cabe, Monforte) a quen, como en ocasións anteriores felicitamos polo seu fantástico traballo. FELIZ E REIVINDICATIVO 8 DE MARZO!
MARZO, IGUALDADE: COMPARTIR AS TAREFAS DA CASA Compartir as tarefas da casa é un deber de todOS os que vivimos nela.
MARZO, IGUALDADE: UN SOÑO IMPOSIBLE? A continuación un corto de animación para reflexionar sobre a necesidade de acadar a igualdade entre homes e mulleres.
MARZO, IGUALDADE! Aproveitaremos este mes de marzo para reivindicar a igualdade entre homes e mulleres, por iso ao longo desta semana e para conmemorar o "Día da Muller Traballadora" aparecerán diferentes entradas no noso blog sobre este tema. Propoñemos desde a biblioteca que os nenos e as nenas da escola aprendamos esta canción e que ademais nos concienciemos de que nenos e nenas somos iguais.