Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta animación á lectura

EXPOSICIÓN DE SAMAÍN

Imaxe
Con motivo do Samaín, preparamos unha exposición de fondos bibliográficos en galego e inglés, dende historias arrepiantes e contos clásicos de medo ata relatos cheos de fantasía e misterio. Esta exposición non só permite coñecer máis sobre esta festa tradicional, senón tamén practicar a lectura en ambos idiomas.  Mergúllate no espírito do Samaín cunha boa lectura!

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

Imaxe
Outra das iniciativas que puxemos en marcha no mes de abril foi "As familias tamén contan" , unha actividade na que invitamos ás familias do alumnado de Educación Infantil a achegarse á escola para contarnos un conto e pasar un rato agradable de lectura xuntos/as. Nada hai máis especial que escoitar un conto narrado polos pais, nais ou familiares das nosas pequenas e dos nosos pequenos. Cada historia é única, chea de afecto e conexión coa nosa cultura e tradición. Nestes encontros, creamos un espazo acolledor onde alumnado e familias poden compartir momentos de complicidade e descubrir o pracer da lectura. Estamos moi agradecidxs como centro ás familias que participan nesta iniciativa, pois coa súa presenza enriquecen a nosa comunidade escolar e axudan a fomentar o amor pola lectura nos máis cativos e cativas. Porque todas as familian contan... e moito. Grazas por formar parte desta bonita experiencia!

ENTREGA DE AGASAIOS

Imaxe
 Nestes días tivo lugar a entrega de diplomas e agasaios ao alumnado voluntario da bibliotec a neste curso pola súa gran labor e colaboración.  Tamén o alumnado máis lector tivo o seu recoñecemento pola cantidade de préstamos realizados durante o curso. Noraboa!

LIBROS PARA CAMBIAR O MUNDO

Imaxe
 En relación á conmemoración relacionada coa "Semana do Libro" (18-22 de abril) e ao longo deste último trimestre, para dinamizar as horas de ler, levaremos a cabo a seguinte actividade chamada "Libros para cambiar o mundo" , co obxectivo de empregar as lecturas como unha ferramenta para alentar ao alumnado a interactuar cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, a través dunha lista que libremente crearán e relacionarán con cada un dos 17 ODS. Ratiña e Ratiño agardan emocionadxs de ver as listas de lecturas relacionadas cos ODS nos murais expostos no exterior da biblioteca. Aquí unha mostra do ben que van a nosas lecturas

CONTACONTOS DE NADAL

Imaxe
 O pasado 20 de decembro o alumnado de Educación Infantil gozou dun contacontos de Nadal, actividade ofertada polo Concello. Nesta sesión, conversamos sobre as nosas preferencias nestas datas, dándolle prioridade aos aspectos non materias, escoitamos moi atentiñxs un conto e cantamos e bailamos panxoliñas tradicionais e actuais, como as de Mamá Cabra. Pasámolo moi ben!

PRESENTACIÓN DO LIBRO "GALEGAS NA CIENCIA"

Imaxe
Con motivo da Semana da Ciencia e a conmemoración do Día Contra a Violencia de Xénero , recibimos a visita de Isabel Blanco para presentarnos o seu libro “Galegas na Ciencia” , coa finalidade de promover a loita contra a violencia e a investigación científica sen barreiras de xénero. Galegas na Ciencia é un libro sobre 20 mulleres galegas científicas pioneiras, un libro coa intención de animar ás novas xeracións a perseguir os seus soños sen importarlles o que os demais pensen. É un libro que axuda a romper estereotipos de xénero e abre as portas das ciencias a homes e mulleres por igual. A obra ensalza a galeguidade: mulleres cuxas vidas profesionais se desenvolveron fortemente vencelladas a Galicia. Todas atravesaron as portas do mundo científico e tecnolóxico e o fixeron a pesar dos obstáculos e, en ocasións, das burlas e dos desprezos. O esceario cronolóxico do libro enmárcase desde o século XVIII ata o ano 1948. Este libro é homenaxe e alento, é memoria e presente, e sobre todo é...

HORA DE LER

Imaxe
 A hora de ler constitúe unha rutina moi establecida no noso centro, onde dentro do horario lectivo dispoñemos dun momento diario adicado ao fomento da lectura, actualmente de 25 minutos. Cadaquén pode elixir o formato e contido de cada lectura, como pode ser: escoita activa de contos contados polos mestres/as ou polos propios alumnxs, lecturas proxectadas, lecturas comúns ou tamén lectura libre individual.  Tras as lecturas, lévanse a cabo actividades de distintos tipos que pretenden a comprensión e a reflexión, así como o fomento do pensamento e a creatividade.  Moitos anímanse a facer libriños de aula, compartindo posteriormente momentos de lectura vendo as súas propias creacións. Ademais, todas as aulas contan cunha hora semanal fixa no horario da biblioteca para dispoñer dela e facer tamén actividades de fomento á lectura, lecturas libres e/ou préstamo de fondos. Bravo pequenxs, grandes lectorxs!!

FELIZ VERÁN!

Imaxe
XA REMATA OUTRO CURSO E COMEZA O VERÁN, UNHA ÉPOCA IDÓNEA PARA LER AQUEL LIBRO QUE NON SE PUIDO LER DURANTE O CURSO ESCOLAR. PERO LER POR LER, E NON CO OBXECTIVO DE FACER UN RESUMEN OU DE CONTESTAR A UNHAS PREGUNTAS QUE APARECEN NO CUADERNILLO.  FELIZ VERÁN