ACTO DE AGRADECEMENTO

Esta semana o Equipo de Apoio á Biblioteca Escolar quixemos, como cada ano, facer o merecido agradecemento e recoñecemento ao alumnado vinculado á biblioteca escolar ao longo de todo o curso. Por iso, todo o cole xuntámonos no Espazo de Reflexión do mesmo para homenaxear a través dun pequeno acto de entrega de diplomas e agasaios ao equipo de voluntariado da biblioteca , aos participantes do Club Lector e aos 10 máis lectorxs do curso. En primeiro lugar, o alumnado de 6º curso recibiu un pequeno obsequio pola súa participación e contribución no Club de Lectura realizado coa obra "A Evolución de Calpurnia Tate" (Kalandraka) . Porque cada libro que abrimos é unha porta aberta á imaxinación e ao coñecemento e estamos emocionadxs por compartir neste curso este camiño con vós. Por outra banda, ao Equipo de Voluntariado de 5º e 6º démoslle o noso máis sincero agradecemento por todo o traballo e compromiso que dedicaron á biblioteca escolar. O voso esforzo e dedicación son