Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2017

E CHEGARON AS PARALIMPÍADAS!

Imaxe
Como remate ao noso proxecto documental integrado mañán mércores celebraremos as nosas paralimpíadas contando cuns invitados/as de luxo, 16 usuarios/as de ACEESCA compartirán con nós o día e axudarannos a que todo saia ben actuando como verdadeiros representantes do Comité Olímpico Internacional. Mentras, hoxe, estivemos preparando as probas e ademais gozando coas últimas lecturas do curso, neste caso á sombriña no "xardín" da biblioteca A descrición das probas que se van celebrar durante as paralimpíadas son as seguintes: -        1. CARREIRA DE OBSTÁCULOS: Neste xogo o alumnado farase conta da importancia do sentido da vista e das dificultades e obstáculos que atopan as persoas invidentes no seu día a día. Alumnado de 6º: Preséntase e explica a dinámica do xogo. A continuación presenta ó/ós representante/s de ACEESCA (membros do COI). Dinámica: Nun circuito con conos espallados, os/as nenos e nenas terán que percorrelo cos ollos vendados. Non hai gañado

CARA AO FIN DO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO!

Imaxe
Na recta final do curso queremos informarvos dos acontecementos que aínda están por vir con respecto ao noso PDI sobe os Xogos Olímpicos. Hoxe publicamos @s gañador@s do último desafío olímpico, podedes comprobar se estades entre os premiados premendo no enlace: http://pdixogosolimpicos.blogspot.com.es/2017/06/ultims-ganadors-dos-desafios-olimpicos.html Ademais queremos informarvos de que o próximo mércores 21 de xuño celebraremos as Paralimpiadas que serán o broche final do noso proxecto documental integrado. Para esta celebración contaremos cuns invitados de luxo xa que usuarios e usuarias de ACEESCA participarán tamén neste evento deportivo. O pasado mércores os nenos e nenas de 1º levaron as invitacións, as bandeiras correspondentes aos países que representan cada clase do colexio e a antorcha o olímpica. Temos preparadas un montón de disciplinas nas que teremos que poñernos no lugar de persoas con diversidade funcional  e competir e gozar co deporte. Estamos