Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2009
Imaxe
V I S I T A Á B I B L I O T E C A M U N I C I P A L D E M O S Nesta semana final de abril todos o alumnado do colexio visitamos a Biblioteca Municipal do noso concello, Mos. As bibliotecarias, Viki e Diana , foron moi amables e regaláronnos un libro a cada neno e nena. Ademais fixémonos soc ios/as e entregáronnos os carnets de usuarios para poder facer préstamos dos fondos da biblioteca municipal. Durante a visita explicáronnos como funciona a biblioteca, que servizos ofrece e que materiais podemos levar Tamén nos contaron un conto... resultou ser unha visita fantástica! Nós tamén quixemos facer un regalo á biblioteca de Mos así que levamos exemplares dos contos viaxeiros que comezamos a facer hai catro cursos. Deste xeito todos os nenos e nenas do concello poderán levalos prestados para ler nas súas casas. Por certo, xa está colgado o conto correspondente a este curso que se titula "UNHA AVENTURA INCREIBLE". Se queredes lelo premedede no enlace do noso blog de normal
Imaxe
A S L I N G U A S D A E S C O L A Hoxe Ratiño e Ratiña deixaron un regalo moi especial para as familias do colexio. Os dous saben que no colexio hai familias que viñeron de outras comunidades e incluso doutros paises a vivir ao Concello de Mos. Saben tamén que nestas familias fálanse linguas moi diferentes, así que decidiron montar unha estantería con libros nos idiomas que se falan nos lugares de orixen destas familias. Nós sabemos que a chegada de nenos e nenas con idiomas e culturas diferentes á nosa enriquece a nosa escola, e neste caso enriquece tamén á nosa biblioteca escolar. A biblioteca quere que estas familias poidan levar en préstamo materiais nas súas linguas, polo momento a cantidade de fondos é moi modesta pero irémola incrementando pouco a pouco. Aproveitade para escoitar a fermosa canción cantada en portugués e titulada "TODAS AS LINGUAS" . E S T A N T E R Í A D A S L I N G U A S D A E S C O L A
Imaxe
23 DE ABRIL "DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR 2009" Como en conmemoracións anteriores, desde o IES Río Cabe de Monforte , chéganos un extraordinario cartel. Nesta ocasión as creadoras inspíranse no poder dos libros e da lectura para protexerse de todo o negativo. Ante unha unhas gotas de chuvia nociva abramos o noso paraugas de cultura, para protexernos a nós mesmos e aos demais. Nesta celebración que ten por protagonistas aos libros aproveitemos tamén para ler versos fermosos "Versos a moreas..." , un regalo da poeta Gloria Sánchez para as Bibliotecas Escolares de Galicia no Día Múndial do Libro e dos Dereitos de Autor 2009.
Imaxe
ABRIL, MES DOS LIBROS:CONTO VIAXEIRO 08/09 Por fin chegou o día! despois de meses de viaxar por todas as aulas da escola a aventura do conto viaxeiro chegou ao seu fin. Presentamos o 23 de abril "Día Mundial do Libro" unha nova edición do conto viaxeiro. Este ano baixo o título "UNHA AVENTURA INCRIBLE" ve a luz unha nova obra colectiva que pasará a formar parte dos fondos da nosa biblioteca escolar e que como en anos anteriores non dubidamos que vai ser moi solicitada como préstamo polos ratiños e ratiñas lectoras do noso centro. A presentación terá lugar o xoves 23 de abril ás 11:00h e como en anos anteriores os nenos e nenas de 6º actuarán como narradores do conto. Este ano participaron na elaboración do conto os nenos do CEIP O Carballal no que estamos aloxados provisionalmente mentres non rematan as obras do noso flamante cole novo. Ademais como novidade regalaremos un exemplar do conto viaxeiro na visita que a próxima semana faremos á Biblioteca Mun
Imaxe
ABRIL, MES DOS LIBROS: CINE NA BIBLIOTECA Ratiño e Ratiña de biblioteca deixaron nas aulas entradas para o cine, cada grupo debe ler con atención para saber que día e a que hora comezará a proxección. A peli que imos ver titúlase DONKEY XOTE e está inspirada no libro "El ingenioso hidalgo Don Quijote de La Mancha" de Miguel de Cervantes. Con esta proxección queremos celebrar na biblioteca o "DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO" que como todos os anos se conmemora o 23 de abril. AS SESIÓNS DE CINE SON AS SEGUINTES: Mércores 22 de abril 2º ciclo 12:15h. Xoves 23 de abril 1º ciclo 12:15h. Venres 24 de abril 3º ciclo 10:00h.
ABRIL, MES DOS LIBROS: ABRE UN LIBRO Porque nos permiten convertirnos no que nós imaxinemos, porque podemos viaxar sen sair da habitación, porque nos conmoven e transforman..... ABRE UN LIBRO!
Imaxe
ABRIL, MES DOS LIBROS: Arte, lectura e expresión escrita. Os nenos e nenas de 4º realizaron un traballo moi interesante producindo textos a partir dunha seleción cadros. Esta experiencia coincidiu coa visita ao museo de arte contemporáneo de Vigo, o museo MARCO. Neste vídeo podedes ver o resultado desta experiencia tan orixinal. Como elemento motivador á visita ao museo Marco na biblioteca puxemos a disposición de todos os ratiños e ratiñas lectoras da escola o libro: "¡Devoramos pinturas! Una visita al museo de arte contemporáneo" da editorial Blume. Aquí podedes ver ás nosas mascotas facendo a súa actividade favorita, devorar libros.
Imaxe
FORMACIÓN DE USUARIOS/AS Aproveitando que no mes de abril os protagonistas son os libros os ratiños e ratiñas de biblioteca do colexio realizaremos diferentes visitas ás bibliotecas municipais do noso arredor. Visitar as bibliotecas públicas é unha opción excelente para ocupar o noso tempo de lecer e desde a biblioteca escolar propoñer un pouco mellor as bibliotecas do noso concello e dos municipios próximos: Mos, Redondela e Porriño. Visitas físicas: por ciclos visitaremos a Biblioteca Municipal de Mos o martes 28 de abril 1º e 2º ciclo e o mércores 29 de abril o 3º ciclo. Os nenos e nenas de infantil realizarán a visita o día 22 de abril. Visitas virtuais: visitaremos a través de internet as seguintes bibliotecas: 1. Biblioteca Municipal de Redondela 2. Biblioteca Municipal de Porriño Nestas visitas deberemos conseguir a seguinte información: Horario de apertura ao público. Localizar o enderezo de cada biblioteca: nome da rúa e número. Averiguar as condicións do préstamo para os
ABRIL, MES DOS LIBROS Na creación e consolidación do hábito lector dos nenos e nenas é fundamental o papel dos maiores. Para eles a familia é o modelo a seguir así, dunha familia lectora, sairán novos lectores. A responsabilidade neste asunto é compartida entre escola e familia e as vacacións son unha boa ocasión para motivar aos nosos nenos e nenas. Felices lecturas en familia neste Abril, mes dos libros!
Imaxe
2 DE ABRIL: "DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL" DESDE O ANO 1965 O IBBY PROMOVE A CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL PARA CONMEMORAR O DÍA DO NACEMENTO DE ANDERSEN . ESTE ESCRITOR NACIDO EN DINAMARCA NO ANO 1.805 É O AUTOR DE CONTOS INFANTÍS FAMOSÍSIMOS COMO “O SOLDADIÑO DE CHUMBO”, “A SIREIÑA” OU “O TRAXE NOVO DO EMPERADOR”. NA NOSA BIBLIOTECA PARA CONMEMORAR ESTA DATA ORGANIZAMOS SESIÓNS POR CICLOS PARA VER UNHA VERSIÓN ANIMADA DO CONTO "O TRAXE NOVO DO EMPERADOR" E APRENDER A CANCIÓN PROTAGONISTA DESTE MES DE ABRIL "EL COLIBRÍ".
ABRIL, MES DOS LIBROS Un ano máis chega o mes de abril onde os protagonistas son os libros. Neste mes coinciden dúas datas importantes que son a excusa para organizar actividades ao redor da lectura. O 2 de abril celébrase o Día do Libro Infantil e Xuvenil e o 23 o Día do Libro. As actividades máis destacadas para este mes son as seguintes: VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE MOS PRESENTACIÓN DO CONTO VIAXEIRO CONCURSO DE CREACIÓN DE LEMA E CARTEL. MALETAS VIAXEIRAS. AS LINGUAS DA ESCOLA. LER AS EMOCIÓNS, EMOCIONARSE AO LER. COÑECEMOS A OBRA DE H. C. ANDERSEN. VISITAS VIRTUAIS Á VARIAS BIBLIOTECAS. CANCIÓNS PARA LER E CANTAR... FELIZ ABRIL, MES DOS LIBROS! PARA ABRIR BOCA LEDE A SEGUINTE HISTORIA....