Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2007

CARTA PARA PAPÁ E PARA MAMÁ

Imaxe
Blibliotequix a 21 de decembro de 2007 Queridos papás e mamás destes nenos e nenas guapísimos,alumnos todos do colexio Mestre Martínez Alonso, Envíovos esta carta para que este ano cando escribades aos Reis Magos lembredes que un libro ou un CD de música tamén poden ser un estupendísimo regalo de nadal. A todos os nenos e nenas da nosa escola encántanlle os libros e a música e seguro que estarían encantados de que o día de Reis deixaran un aos pés da súa cama. Este Rato de biblioteca tamén quere animarvos a que acerquedes aos vosos fillos aos espectáculos que se van a levar a cabo no concellode Mos.Aquí tendes o horario de algún deles: SÁBADO 22 DE DECEMBRO: Papá Noel estará no Pavillón de Deportes a partir das 17:00 e haberá unha gran festa con obradoiros e xogos para todos. DOMINGO 23 DE DECEMBRO: Podedes asistir ao Concerto de Nadal que haberá no Multiusos ás 18:00h. XOVES 27 DE DECEMBRO: Títeres no Multiusos ás 18:00h. SÁBADO 29 DE DECEMBRO: Títeres no Multiusos ás 18:00h. ESTE

MÚSICA NA CARTA AOS REIS...

Imaxe
O Rato de biblioteca quere facer unha suxerencia a todos os nenos e nenas da escola. Na carta aos Reis Magos non esquezades pedir música,el recoméndanos especialmente dous CDs que sabe que lle encantan aos rapaces e rapazas do colexio.Os dous son de panxoliñas "O Aghinaldo" (do grupo de Mos,Malvela) e "O Quiquiriquí". Os dous traballos ademais de preciosas cantigas de nadal tamén inclúen DVD e karaoke das panxoliñas. Non se pode pedir máis, NESTE NADAL,TODOS A CANTAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAR !

LIBROS QUE FALAN DOS NOSOS DEREITOS

Imaxe
Fixemos unha selección de libros que falan de DEREITOS para todos.Están á vosa disposición na biblioteca na estantería de IGUALDADE. Tamén están colgados nos ordenadores da biblioteca os vídeos sobre os dereitos humanos que gustaron moito por que nos fixeron reflexionar sobre moitas cousas.

MÁIS SOBRE OS DEREITOS HUMANOS

Outro magnífico traballo feito no IES de Arzúa e que disfrutamos tod@s.

VIDEO DEREITOS HUMANOS

Fantástica montaxe de fotos sobre a canción de Manu Chao "Clandestino" de Charo Sánchez-Gabriel.

DEREITOS HUMANOS

Dereito a que ningunha persona sexa discriminada por razón da súa cor,sexo,xeito de pensar.....TODOS DIFERENTES....TODOS IGUAIS.

10 DE DECEMBRO-DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Imaxe
Estupendo cartel que conmemora o día dos Dereitos Humanos cedido por IES RIO CABE de Monforte para uso das bibliotecas escolares.

NADAL PARA LER E CANTAR...

Empeza o mes de NADAL e imos aproveitar para LER E CANTAR panxoliñas... O grupo Malvela ten un precioso cd "O Aghinaldo" con KAROKE co que aproveitaremos para ler,tocar,bailar e cantar. Tamén podemos ler e cantar cos LUNNIS co cd "Navidad con los Lunnis"(tamén teñen karaoke)