Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN E DESPEDIDA FINAL

Imaxe
A piques de rematar o curso deste xeito tan pouco habitual, polas nosas xanelas xa se asoma o verán, o cal intentaremos aproveitar e desfrutar. Para iso, queremos compartir con vós unhas recomendacións para compartir este tempo de lecer con lecturas, xogos, música... Agardamos que vos gusten, e recordade mercar nas librerías e comercios máis próximos. Polo momento, á biblioteca pecha as súas portas coa ilusión de abrilas á volta e volver ver e sentir moita vida nela. Moitas grazas a todo o equipo de voluntarixs polo seu esforzo e implicación; aos mestres/as, alumnxs e familias polas vosas lecturas, investigacións e aventuras e a todo o Equipo de Biblioteca polo seu gran traballo e colaboración. Bicos e apertas virtuais! FELIZ VERÁN Ratiño e Ratiña. RECOMENDACIÓNS VERÁN 2019-2020

DEVOLUCIÓN DE MATERIAIS

Imaxe
AVISO IMPORTANTE! Para todo o alumnado do cole, lembrade achegar os libros e materiais da biblioteca que leváchedes como préstamo, así como as Mochilas Viaxeiras de cada clase que teña cada alumnx na casa. Por seguridade, están unhas caixas na entrada ao acceso ao corredor que leva á biblioteca para que deixedes o libro e as mochilas. Grazas pola colaboración!

XORNAL O PAPAGAIO. MES DE XUÑO

Unha nova e última entrega de este curso do xornal mensual O Papagaio. Podedes visualizalo ou descargalo no seguinte enlace:  XORNAL Agardamos que disfrutedes das novas!