Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2023

RECOMENDACIÓNS DE VERÁN

Imaxe
 Chega o verán e iso significa... tempo de lecer e descanso ! Por iso, podedes aproveitar nas vacacións para gozar das pequenas cousas do día a día, entre elas, un tempo de lectura e/ou de xogo en familia. Aqui vos deixamos algúns dos nosos favoritos (en formato pdf e imaxe) os cales poderedes atopar nos comercios ou librerías locais. Agardamos que esta selección sexa de axuda para escoller boas lecturas e xogos. Grazas por acompañarnos e gozar da biblioteca do cole un ano máis. Vémonos á volta con máis e novas novidades. Que pasedes un FELIZ VERÁN!

ACTO DE AGRADECEMENTO

Imaxe
 Esta semana o Equipo de Apoio á Biblioteca Escolar quixemos, como cada ano, facer o merecido agradecemento e recoñecemento ao alumnado vinculado á biblioteca escolar ao longo de todo o curso. Por iso, todo o cole xuntámonos no Espazo de Reflexión do mesmo para homenaxear a través dun pequeno acto de entrega de diplomas e agasaios ao equipo de voluntariado da biblioteca , aos participantes do Club Lector e aos 10 máis lectorxs do curso. En primeiro lugar, o  alumnado de 6º curso recibiu un pequeno obsequio pola súa participación e contribución no Club de Lectura realizado coa obra "A Evolución de Calpurnia Tate" (Kalandraka) . Porque cada libro que abrimos é unha porta aberta á imaxinación e ao coñecemento e estamos emocionadxs por compartir neste curso este camiño con vós. Por outra banda, ao Equipo de Voluntariado de 5º e 6º démoslle  o noso máis sincero agradecemento por todo o traballo e compromiso que dedicaron á biblioteca escolar.  O voso esforzo e dedicación son

CONTO VIAXEIRO

Imaxe
 Ao longo deste curso, todas as aulas estivemos traballando conxuntamente na realización do conto viaxeiro, unha das actividades máis emocionantes que levamos realizando varios cursos. E... ¿que é un conto viaxeiro? É un proxecto colaborativo no que o alumnado (neste caso cada aula do cole) contribúe coa súa propia parte á historia. A medida que o conto se desenvolve, os protagonistas embarcan nunha viaxe que nos leva a diferentes lugares e acontecementos. Pero, ¿por que é tan importante levar a cabo esta actividade? Aquí van algunhas razóns: Fomenta a creatividade: Participar nun conto viaxeiro dá as ás á nosa imaxinación, axudándonos a desenvolver a nosa capacidade de pensar. Mellora a escritura e a lectura: Ao escribir a cadansúa parte do conto, o alumnado mellora a súa habilidade para redactar e expresarse oral e por escrito. Ademais, á medida que leen as contribucións dos e das compañeiras, amplían o  vocabulario e a comprensión lectora. Conecta coñecemen