Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta inglés

MERRY CHRISTMAS...

Imaxe
Deixámosvos este ano unha fermosa historia de nadal que vos vai facer aplicar os vosos coñecementos de inglés Aproveitamos para felicitar a toda a comunidade escolar FELIZ NADAL!!

NOVOS MATERIAIS DE INGLÉS

Imaxe
Xa había tempo que os ratiños e ratiñas lectoras estaban demandando novos materiais en lingua inglesa. Aquí tendes as novidades para este ano. Temos historias de fición, libros sobre coñecemento do medio, libros para ler e cantar e novos dicionarios ilustrados. Os libros serán presentados polas profesoras especialistas en lingua inglesa do colexio así que durante as próximas semanas atoparedes a estantería de novidades nas aulas de inglés. Cada ano nas estatísticas de fin de curso aparece cunha porcentaxe significativa os préstamos en inglés, agardamos que esta nova remesa de libros satisfaga as ganas de ler noutras linguas dos noso usuarios/as.
A S L I N G U A S D A E S C O L A : "Little Red Riding Hood" No curso pasado iniciamos un proxecto na biblioteca para traballar as diferentes linguas que se falan na escola, entre elas está por suposto o inglés. Neste curso escollimos o conto de Carapuchiña Vermella como fío conductor e entre as actividades realizadas está este vídeo. O alumnado e a profesora de inglés adicaron tempo e esforzo para preparar os textos e facer de narradores, e aquí tendes o resultado nunha versión do famosísimo conto infantil "Little Red Riding Hod" Preparados ratiños de biblioteca para practicar o voso inglés.

ABRIL,ABRIL,ABRIL....PARA LER SEN FIN!

ESTE VÍDEO TERÁS QUE VER SE UN LIBRO EN INGLÉS QUERES LER, AQUÍ EXPLICAN O ARGUMENTO PARA ACERTAR EN TODO MOMENTO.

DICCIONARIOS DE INGLÉS...ABRIL,UN BO MES PARA APRENDER

Obrserva este vídeo e aprende como usar e onde localizar os diccionarios de inglés.

MÁIS INGLÉS PARA ESTE ABRIL,MES DOS LIBROS

Este vídeo axudaranche a usar os diccionarios con cd-rom que tes a túa disposición na estantería de materiais de inglés.

ABRIL,MES DOS LIBROS..."WHERE PEOPLE LIVE"

HOXE TIVEMOS UNHA FANTÁSTICA PRESENTACIÓN DOS MATERIAIS DE INGLÉS PARA TODOS OS CURSOS DE PRIMARIA. A VERDADE É QUE FORON UNS MOMENTOS MOI INTENSOS NA BIBLIOTECA,SOBRE TODO PARA OS NENOS E NENAS DE 6º QUE SE ESFORZARON E PRESTARON AS SÚAS VOCES PARA O TEXTO DUN DOS LIBROS QUE HOXE ESTRENÁBAMOS. AQUÍ TENDES O LIBRO VÍDEO.SE QUEREDES TELO NAS MANS,TEREDES QUE LEVALO EN PRÉSTAMO DA BIBLIOTECA.

EN INGLÉS...ABRIL,MES DOS LIBROS

Imaxe
SEGUIMOS COA NOSA SERIE DE ENTRADAS PARA PROMOCIONAR OS NOSOS MATERIAIS DE INGLÉS...AQUÍ TENDES UN VÍDEO QUE NOS MOSTRA TODAS AS NOVIDADES. NON PERDADES DETALLE! E se estades interesados en aprender ou mellorar o voso nivel de inglés premede neste autobús tipicamente londinense.

ABRIL,MES DOS LIBROS...EN INGLÉS

Seguimos co programa de actividades da biblioteca para este mes de abril,cos libros,máis que nunca como protagonistas. O venres 11 de abril presentaremos os novos materiais de inglés da biblioteca.Como anticipo podedes repasar o abecedario con este simpático vídeo. O horario da presentación é o seguinte: 1º SESIÓN PARA OS NENOS E NENAS DE 4º,5º e 6º ÁS 09:15h. 2º SESIÓN PARA OS RAPACES E RAPAZAS DE 3º e 1º ÁS 10:00h. 3º SESIÓN PARA OS CHAVALITOS E CHAVALITAS DE 2º ÁS 11:00h.