30 DE XANEIRO:CONSPIRACIÓN POLA PAZ
PAZ????????????? PAZ: PAM!. Balas. Confusión, asasinatos, bombas. PAZ: PAF!. Golpes. Cambadelas da vida cotiá. Rancor. Violencia. PAZ: PAZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZ. Soño. Sono indiferente da irresponsabilidade. Non é un xogo. É a fraxilidade da palabra. Espello fiel da inestabilidade do seu significado. Utopía imposíbel. Palabra que xera poesía. Poesía? Poesía e Paz. Esta é a nosa proposta: un mundo reinado pola esperanza das palabras, palabras sublimes que permiten melodías, risos, soños... PAZ. Xesto simbólico o das Bibliotecas Escolares, que novamente unen voces, azos e esperanzas. A través do mosaico que supón, por fin na nosa comunidade, a integración de diferentes cores, razas, linguas... chega a poesía capaz de expresar unha mesma arela. O frenesí da humanidade dominado pola forza da palabra. Unidos contra a ignominia da morte inxusta, das violacións das mulleres, da violencia extrema, da existencia dos nenos-soldado, da vinganza. Optamos polo silencio das palabras, da súa