UNHA CITA EN GALEGO

Gústanche as citas? pois durante este mes de Maio, e con motivo da conmemoración das Letras Galegas, invitámosvos a preparar unha cita moi especial.

En qué consiste? elixe un TEXTO ESCRITO EN GALEGO, tanto en formato papel como electrónico (conto, libro, xornal, poesía...) co que queiras pasar un bo rato. Prepara con moito coidado este momento, elixindo un recuncho, caracterizándote se queres (vestimenta, maquillaxe, obxectos complementarios...) e dicándolle o tempo necesario. E comparte con Ratiño e Ratiña e con todxs nós, este momento.

Agardamos as vosas fotos no mail da biblioteca: bibliotecamestremartinezalonso@gmail.com indicando no asunto o voso nome, curso e título da obra coa que tiveches a túa cita. Faremos unha gran exposición neste blogue!

Xa estás invitadx a ter unha cita cun texto que seguro que será moi importante, con moitas cousas por contarte e moitas cousas por aprender.

Aceptas esta invitación? Estás preparadx para este encontro?







Aquí vos deixamos unha serie de enlaces e suxerencias para poder adquirir recursos en galego:

- BAÍA EDICIÓNS ofrece 10 recursos en galego para diferentes idades:
https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/


- A Plataforma de préstamo GALICIA LE ofrece préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas, só tes que rexistrarte como usuario e desfrutar da cultura:
https://www.galiciale.gal/


- A Biblioteca Municipal do Concello de Mos activa un servizo de préstamo de libros con entrega no fogar, dirixido aos socios/as usuarios/as da Biblioteca con dominicio en Mos:
https://www.facebook.com/concellodemos/photos/a.806782232774417/2842823932503560/?type=3&theater



 #EuLeoNaCasa 

Comentarios