Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta 3 DECEMBRO

Día Internacional das Persoas con Discapacidade: "TECENDO INCLUSIÓN"

Imaxe
Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade , o 3 de decembro, a Biblioteca sumouse á conmemoración cunha exposición temática que recolleu unha selección de títulos centrados na diversidade, a inclusión, a empatía, a convivencia e o respecto polas diferenzas individuais. Un espazo pensado para achegar ao alumnado historias e voces que nos axudan a comprender que todas as persoas temos dereito a ser, sentir e participar plenamente na comunidade. Ademais, participamos nunha actividade moi especial promovida polo Concello de Mos a través de EVD Galicia : unha intervención artística colaborativa na que o alumnado de 5º de Primaria escribiu mensaxes en cintas de cores, tecendo palabras positivas que reivindican a diversidade como valor e como dereito fundamental. Así, as nosas alumnas e alumnos de 5º deixaron por escrito ideas como respecto, empatía, diversidade, amizade, cooperación ou dignidade , contribuíndo a unha obra colectiva co resto de centros do municipio qu...

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

Imaxe
O pasado 3 de decembro conmemoramos no noso centro o Día das Persoas con Diversidade Funcional cunha serie de propostas que nos axudaron a reflexionar e sensibilizarnos sobre a importancia da inclusión e do respecto pola diversidade , algo tan presente no noso centro. O alumnado voluntario da biblio fixo unha fantástica selección de recursos dispoñibles na nosa biblioteca relacionados coa temática da diversidade funcional. Grazas ao seu esforzo, puidemos organizar unha exposición de fondos que axudan a entender e valorar a riqueza que aporta a diversidade. Ademais, o alumnado de infantil, gozaron dunha sesión de contacontos en Lingua de Signos Española (LSE), ofertada polo noso Concello. Esta actividade non só lles permitiu coñecer unha historia marabillosa, senón tamén seguir achegándose ao mundo da lingua de signos e comprender a importancia de eliminar barreiras de comunicación para construír unha sociedade máis inclusiva.

3 DECEMBRO: DETECTORES DE BARREIRAS

Imaxe
Polo Día Internacional das Persoas con Discapacidade (3 de decembro), creamos un pequeno stand cunha selección de recursos para sensibilizar, concienciar e empatizar coa diversidade. Ademais, comezamos co seguinte Reto, enmarcado no proxecto CLab para Polos Creativos, coordinado polo Equipo TIC e o Equipo SAAC: "Detectores de barreiras" , para facer do cole un lugar máis accesible a todo tipo de diversidade. Como motivación, unha mañá ao chegar ao cole atopamos un muro, unha barreira coa que comezamos a facernos preguntas e plantexarnos solucións: Tamén nas aulas, o profesorado, iniciou a primeira sesión aportando algunha barreira : falar nun idioma inventado, falar moi baixiño, atrancar as portas con cadeiras, poñer as mesas do revés, colocar material en altura ao que non podan acceder... Posteriormente,  tivemos a sesión de charla experta para afrontar o reto. A nosa profe Marta,   especialista en PT, deseñou para todo o alumnado a actividade Detectives de barreiras, coa...