Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2023

INAUGURACIÓN DO NOSO PODCAST

Hoxe inauguramos o podcast da nosa biblio "Un rato nas ondas" , cun episodio moi especial. Trátase dunha das evidencias que, coma claustro docente, elaboramos para o programa da Xunta de Galicia, Observa-Acción, do cal formamos parte este curso escolar (cunha duración de dous cursos se pasamos ás seguintes fases). Neste podcast facemos unha reflexión conxunta de todo o observado entre compañeirxs e aportamos evidencias do noso proceso de cambio coma claustro a partir da participación neste programa de innovación educativa. Estamos nese momento. No momento de botar esa semente con toda a ilusión e todo o traballo que puxemos nesta visión. Aqui deixamos o enlace ao programa íntegro, e podedes acceder ao canle da biblioteca na páxina principal no lateral esquerdo. Agardamos que vos guste.

DÍA DO CÓMIC

Imaxe
 Hoxe conmemórase o Día do Cómic , polo que na biblio quixemos rendir homenaxe a este sector cunha exposición das últimas adquisicións destes fondos. Para máis información sobre esta data podedes acceder aquí:  https://diadelcomic.es/

CONTACONTOS ROSALÍA DE CASTRO

Imaxe
 Onte recibimos a Raquel Queizás para agasaiar ao alumnado de 2º de Educación Primaria co contacontos "Buscando a Rosalía", premio por ser gañadorxs do Concurso A NOSA ROSALÍA, organizado pola Deputación de Pontevedra.  A esta función tamén asistiu a Deputada de Cultura Victoria Alonso. Encantounos! Grazas por este gran agasaio.  Rosalía é presente!

TAREFA HORTA ECOLÓXICA

Imaxe
O mes pasado comezamos un novo reto no cole en consoancia co PDI. Tras realizar a primeira tarefa relacionada co composteiro do centro, unha mañá atopamos no cole unha mesa de experimentación ben preparada para sementar xunto cunha mensaxe de Fortunata , unha espantallo que nos pediu colaboración para realizar o seguinte reto: converter a nosa horta nunha horta 100% orgánica. A nosa horta é o ecosistema terrestre máis próximo á nosa realidade, polo que partimos dela para investigar acerca dos beneficios que pode obter o planeta terra a raíz de manter unha horta ecolóxica, cultivando sen prexudicar ao noso planeta.  Estamos a incidir en aspectos fundamentais na posta en práctica desta tarefa: as plantas de tempada, as sementes e os seres vivos da horta (microorganismos, animais beneficiosos e pragas). Primeiro comezamos por investigar sobre estos aspectos e despois preparámonos para facer os sementeiros para transplantalos á horta cando chegue o momento ( implicándonos así na consecunci

8M E SEMANA DA PRENSA - RETOS FEMINISTAS

Imaxe
Neste 8 de marzo non podíamos deixar de traballar por un mundo máis igualitario onde non haxa espacios "de mulleres" ou "de homes". Por iso, colaborando co Equipo de Convivencia, adicamos un tempo e recursos para conmemorar esta data importante no calendario, reflexionando sobre a situación actual das mulleres, aprendendo e recordando a loita polos seus dereitos ao longo da historia e das desigualdades que aínda existen en moitos ámbitos da nosa sociedade. Primeiro, cada aula comezou na hora de ler un debate, coa súa pertinente investigación, para resolver unha cuestión dada. Despois, unha persoa representante entregou esta ao equipo de convivencia que agardaba na aula de música, para recibir un reto acorde á cuestión traballada. Outro dos retos vinculados a conmemoración da Semana da Prensa, consiste en que, ata o 24 deste mes, o alumnado grabe no estudio de son (empregando o material de Polos Creativos) noticias relacionadas con algún dos ODS onde as protagonista

NOVIDADES MARZO

Imaxe